sexta-feira, 24 de dezembro de 2010

Unha frase e unha canción

A Cultura e a esencia da humanidade,a minha cultura e a minha propria esencia,velai polo que cando loito pola minha cultura loito por min mesmo.

http://www.youtube.com/watch?v=z1rYmzQ8C9Q

quarta-feira, 22 de dezembro de 2010

Continua o debate

Un novo artigo de Pilar Garcia Negro neste debate creado arredor do informe do IGEA:http://www.xornal.com/opinions/2010/12/21/Opinion/galego-quen-queremos-axudar/2010122123364400464.html

segunda-feira, 13 de dezembro de 2010

Outra analise do informe IGEA

Interesantisima analise sobre o informe do IGEA de Francisco Rodiguez,para que ninguen se leve a engano.Non é etico partir da idea de normalizar o galego sobre a base de ter en conta a situacion dos falantes de espanhol,base que e sen dubida de unha situacion de moita melhoria coa dos que pretenden vivir na lingua propia do pais.Se realmente se pretende apoiar a normalizacion da nosa lingua deberiamos partir da situacion real do noso idioma e dos seus falantes,todo o demais son cortinas de fume moi negro:
http://terraetempo.com/artigo.php?artigo=1131&seccion=4

domingo, 12 de dezembro de 2010

Eles saben ben onde queren chegar,e nós?







Continuando co debate sobre a lingua que non descansa hoxe comentei no Xornal o seguinte:

Lendo este artigo, é concordando co que nel din os expertos, eu lamento moito a dia de hoxe ter que lle dar os parabéns os responsables da actual desfeita contra a nosa lingua.
Téñoos que felicitar porque a súa estratexia está dando os seus froitos, e refírome a unha outra vía de división que se está a producir na banda dos que defendemos a recuperación da nosa lingua para o seu uso de maneira normalizada no territorio onde debe ser lingua hexemónica por ser a única lingua propia.
Dóennos na alma os que defendemos a nosa lingua dende unha posición de cidadáns da rúa sen mais méritos, títulos nin diplomas que ser cidadáns galegos que pretenden vivir na súa lingua, na lingua que moitos de nós mamamos dende nenos, esa lingua coa que nos comunicamos cos nosos compañeiros, cos nosos pais e avós e que se nos negou na escola, e que se nos advírteo que non valía para nada mais que para comunicarnos
naquel ámbito pola vía directa da palabra ou pola indirecta das actitudes;dóenos as liortas de quen,a estas alturas,debería ter claro,pola súa posición de expertos, cal é o obxetivo.
Felicito,lamentabelmente,os desfacedores por lle resultar tan fácil abrir polémicas novas, o que me demostra dúas cousas,1ªque nos coñecen moi ben, e 2ª,que nós non temos tan claro o obxetivo.
Se queremos recuperar o galego para o seu uso socialmente normal teremos que avanzar con medidas positivas para o galego, e sempre pensando no galego; onde se sitúa unha visión que pensa mais nos que falan outra lingua?.O galego está aí para que quen se queira achegar a el o faga sen complexos, mais ninguén ten dereito a
poñer condicións, a ninguén se lle nega a axuda que precise, mais o recoñecemento de que a lingua que eles falan e outra lingua de Galiza non se pode entender como unha axuda para que se acheguen o galego, mais ben todo o contrario, e dicirlles: ti non precisas o galego porque a lingua que falas e tan lingua de Galiza como o propio galego.De aí a considerala lingua propia de Galiza fai falta un paso ben mais pequeno que o que se dá o considerar lexitima a outra lingua falada en Galiza como lingua galega tamén, xa que a fala unha parte importante da sociedade .



No meu muro do Facebook incluin unha vinheta que fai alusión a situacion segundo eu a vexo engadoa aqui xunto a outra moi clarificadora e crua do bilingüismo sexa cal sexa o seu apelido.

quinta-feira, 2 de dezembro de 2010

Lingua-Identidade-Futuro

Sobre a actual situación co debate creado arredor do futuro da lingua vou aportar a este blogue diferentes ligazóns que tenhen a ver con visións analizadoras do proceso lingüistico na Galiza.Un proceso que ben de lonxe e parece non ter fin;na busca de acomodos, que baixo o meu punto de vista a quen prexudican esencialmente e a propia lingua,debatese dende diferentes angulos mais as veces como nos indican as últimas reflexións as solucións que se aportan sempre van no caminho de baixar chanzos para seica recuperar falantes,recuperar a base de baixar non parece o mais axeitado,outros entenden que si iremolo vendo.
Empezo coas ligazóns:
http://www.vimeo.com/10513431

http://terraetempo.com/artigo.php?artigo=1093&seccion=4
http://terraetempo.com/artigo.php?artigo=1098&seccion=5
http://celso.blogaliza.org/2010/12/05/monolinguismo-bilinguismo-hegemonia-nao-sao-so-palavras/

O lugar da lingua galega

Deixo unha ligazón o artigo que publicou onte Pilar García Negro a respecto do informe do IGEA,non ten desperdicio e debe formar parte da analise sobre este novo debate:
http://www.xornal.com/opinions/2010/12/01/Opinion/lugar-da-lingua-galega/2010113017123100619.html
Como resposta a este artigo de Pilar deixa no Xornal de hoxe outro artigo Anxo Quintana,velaí a liagzón:
http://www.xornal.com/opinions/2010/12/02/Opinion/nosa-lingua-na-utopia-mana/2010120211402800793.html

terça-feira, 30 de novembro de 2010

A última lección do mestre


No acto de despedida a Francisco Fernández del Riego o protocolo converteuse no testemuño da indignidade,ofreceunos a fotografía dunha primeira bancada repleta de personaxes que aproveitan os seus cargos para saír na foto mentres coa man de asinar bulen a desfacer todo aquelo polo que persoeiros coma del Riego loitaron ate o punto de poñer en risco a súa propia vida.E míraos aí, coa cara alta facendo o "paripé" no adeus a un insigne galego.
Demóstranos este acto o mais baixo do ser humano,as gravatas do poder, a imaxe coma único valor que ofrecer,o aparentar no que non se cre por obriga do cargo.
Outros, que somos pobo ficamos apenados polo pasamento dun noso mestre, outro mais,e no canto de engravatarnos exteriormente para que nos vexan facémolo respectando o que del Riego nos ensinou,facémolo loitando nas nosas vidas por continuar sendo fieis a súa obra,esa que en tempos ben mais difíciles para a súa integridade física continuou creando con dignidade e o orgullo.A mesma dignidade e
orgullo que nos inoculou por pertencer a un pobo,a unha nación que non precisa doutras culturas e linguas para se mostrar o mundo,que non se acomplexa nin está ensimesmada,senón que peta con forza nos corazóns de moitas galegas e moitos galegos para que sigamos loitando pola recuperación da nosa identidade,e farémolo a pesares da bancada que onte presídeo o acto de despedida dun BO E XENEROSO abofé que si.

sexta-feira, 26 de novembro de 2010

Analise do proxecto-reflexion do IGEA

Un novo proxecto,unha nova reflexión,unha mais que non tardara en recibir o fin co que nace,o caixón do lixo.
Lendo o que dende o IGEA nos queren facer chegar coma un ambicioso proxecto de futuro para a recuperación da nosa lingua a min invádeme unha sensación de baixada dun novo chanzo na dignidade da Galiza e a súa lingua que me desacouga.
Pártese no citado proxecto dunha análise do acontecido arredor da lingua,dos consensos e as rupturas das cesións e dos egoísmos.
Velaquí o fracaso, baixo o meu punto de vista, que leva implícito este proxecto-reflexion:atender e por en valor,xa non os egoístas, senón os que son herdeiros da negación da nosa identidade namentres rebaixa e vai apartando do caminho da recuperación da lingua os que cederon ou cando menos mantiveron un discurso de aceptación do consenso coa esperanza desa recuperación.Reconhecese no documento que a ruptura veu da man dos que egoistamente aceptaran o PXNLG coa única esperanza de
seren eles os únicos que o poderían desenrolar,a súa maneira e ate onde consideraran oportuno, os mesmos que unha vez outras alternativas poden e deciden efectivamente levar adiante e desenrolar dito plan dun xeito moito mais ambicioso, rachan o consenso con intereses partidarios e electorais.
Rachan este consenso falando de Bilingüismo ponhendo nun mesmo plano ámbalas dúas lingua,acoden a liberdade das persoas para poder vivir na lingua que elixan atrevéndose nalgún caso a falar de linguas propias de Galiza tanto para o galego como pretendendo outorgarlhe dito estatus o castelán,esta e a falacia do bilingüismo que neste texto se pretende suavizar cun novo nome "Bilingüismo Restitutivo"
Falar sinxelamente de conflito linguistico entre as dúas linguas e non querer profundar na realidade da situación,e simplificar e axeonlharse a un pasado ignominioso, e aceptar as teses dunha normal aceptación por parte do pobo do que foi sen dubida un proceso colonizador con tódalas letras e violencias que levan implícitos neste tipo de procesos,acudir o bilingÜismo para dar cabida a este
proceso ben facendo parte do mesmo proceso colonizador actualizado os novos tempos,Galiza non e Bilingüe nin socialmente nin a maioría das galegas e galegos somos bilingües,porque imaxino que o bilingüismo será entendido coma o dominio de dúas linguas por igual.
Senhores e senhoras asinantes de dito proxecto-reflexion,basear este proxecto na mentira do bilingüismo e falsear a realidade, o Galego coma lingua propia de Galiza deberá sempre ser considerado o idioma hexemónico desta terra e tratado coma tal, pola contra o seu proxecto-reflexion o que ben engadir o debate lingüistico e un paso adiante no proceso colonizador da lingua de Castela sobre o noso idioma.
Quererán ou non entender esta realidade,será ou non a solución os problemas que a colonización lhe creou a esta nación mais o quen non ten volta de folha e que ou o galego é hexemónico ou deixaráde ser.
Deberían dicirnos cando redactan proxectos coma este ate cando serán validos,cando se precisara doutro novo porque quen sexa nun momento determinado decida rachar outro novo consenso,onde ponhen vostedes o limite de retroceso para a nosa lingua,cicais no que hoxe negan,facer do Castelán lingua propia de Galiza.....todo é posible a vista do que se le.

quinta-feira, 25 de novembro de 2010

Un novo proxecto que me desacouga

Descubro hoxe un novo "Proxecto para o idioma galego.-...."leo o que nel se dí e non me gusta,deixame un desacougo de sentirme vencido nunha loita que considero irrenunciabel,mais adiante reflexionari mais a miudo sobre el agora tan so deixo aqui a ligazón para que quede constancia da súa existencia:
http://igea.eu.com/fileadmin/publicaciones/igea_informe_00_def2_02.pdf

segunda-feira, 22 de novembro de 2010

A crise coma arma politica

Onte a pesares da choiva xuntámosnos en Compostela unha boa cantidade de persoas para reclamar o noso dereito a unha sanidade publica,universal e gratuíta (pagada cos nosos impostos)para tódolos galegos e galegas.
Faise necesario reclamar este dereito diante do novo rumbo que o actual goberno da Xunta está a tomar con respecto a política sanitaria,medidas que entre outras cousas levan a adxudicar a construción dos novos hospitais de Vigo e Pontevedra con financiamento privado, unha hipoteca para o futuro de Galiza e con total seguridade unha perda de calidade e un encarecemento nos servizos que pasaran a ser controlados por empresas privadas.
Aproveitase o momento para facer semelhante atraco o pobo coa escusa dunha crise que tanto vale para un roto coma para un descosido;esta mala situación económica ben sendo utilizada dende diferentes gobernos para nos roubar dereitos,coma é o caso do que estamos a falar,mais tamén pode ser a escusa para ponher na rúa a milleiros de trabalhadores e trabalhadoras, do mesmo xeito que se ben utilizando para subvencionar os verdadeiros culpables de esta situación, eses que especularon
coa riqueza que non existía para encher os petos nas maduras e agora que tocan as duras mamar do estado para non perder o ritmo de ganhanzas as que estaban acostumados.
Non nos enganemos,a política neoliberal que nos queren facer tragar a forza non é a salvación da sociedade nun tempo de vacas fracas,e tan só o medio que os poderes de sempre atopan para continuar cos seus negocios a conta dos cidadáns,así que eu decididamente sitúome na outra beira destes defraudadores profesionais que se queren facer pasar por políticos.Onte manifestamos o noso desacordo nun terreo tan importante como o sanitario,manha por calquera outro dereito que estes defraudadores ponhan na corda frouxa,terannos de frente.

sexta-feira, 19 de novembro de 2010

SOS sanidade

Esta fin de semana toca manifestación,outra-volta caminho a Compostela desta vez colheremolo tren para defender o dereito a unha sanidade publica e gratuíta,xogámonos moito porque conhecendo como conhecemos a esta dereita ultra sabemos que o que nos vende como imprescindible como consecuencia da crise,virará co tempo nunha peaxe a pagar cando nos sexa preciso recorrer o sistema sanitario.
O PP e un partido que ten contas que pagar e pretende pagalas a costa dos usuarios da sanidade,as empresas amigas agardan coma boi tres pola prea,xa se frotan as mans co negocio que albiscan nun horizonte cada día mais próximo.
Todos nos témola responsabilidade de paralhe os pes,porque a saúde non é un luxo co que se poidan enriquecer os amigos do poder,a sanidade e un dereito do que non podemos renunciar baixo ningún pretesto,o que queira sanidade privada que a pague mais non a conta do sistema publico e gratuíto,pagado cos impostos de todos para tódolos que o necesiten tenhan mais ou menos poder económico.

segunda-feira, 15 de novembro de 2010

Galiza traizoada polo seu goberno

Non é difícil entender que calquera persoa que cre en algo pon todo o interese en defendelo,argumenta e busca solucións,debate,escoita,aporta,todo con tal de levar a fin aquelo no que cre.
Isto e o que fai calquera que ocupando un posto de primeira liña do proxecto polo que apostou faría,se non cre nese proxecto o lóxico e que directamente non se presente a facerse cargo del.
Galiza ten un goberno que entre outras obrigas ten e a da defensa do seu idioma,dínolo o estatuto de autonomía no seu 5 artigo:
http://www.xunta.es/titulo-preliminar
A lingua propia desta terra sufre unha secular discriminación,foron maltratadas as persoas que a usaban de forma natural,foi prohibida e vilipendiada o longo dos séculos de maneira activa para que se abandonase o seu uso,roubóuselle o dereito a ter leis que defendesen a normalidade da súa utilizacion e que lle aportasen valor diante das institucións e do pobo,todo feito dende un poder inimigo desta lingua e impositor doutra que é a propia dos colonizadores.
E de supoñer logo, que aquela ou aquel que toma a decisión de se presentar a presidir a Xunta de Galicia faino para defender con unllas e dentes o seu estatuto de autonomía, este mesmo estatuto que lle outorga o poder de presidir o máximo órgano de decisión de Galiza,o seu goberno,o mesmo estatuto que obriga os poderes públicos a garantir e potenciar o uso da lingua propia.
Diante desta situación un non chega a comprender a actitude de quen fai abandono destas obrigas para, no canto de defender a lingua galega continuar a cometer a ignominia de abandonala a súa sorte,de lle roubar outra-volta o dereito a este pobo a darlle o valor que lle corresponde a súa lingua propia,e todo isto feito dende a máxima responsabilidade do goberno de Galiza.
Porque non queda outra que entender que a actitude do actual presidente da Xunta e a de desprestixiar a nosa lingua cando fala de "imposición" referíndose o ensino da lingua propia,cando afirma que é un acto de liberdade o non saber e non utilizar o galego,a de situar nun plano de inferioridade as outras linguas do estado con respecto o Castelán cando lle chama atención a súa colega de partido por utilizar "demasiado" a lingua propia da súa terra, o Catalán mesmo estando
de invitado nun acto en Catalunya;estas palabras só poden saír da boca de quen non cre no que representa.
Un discurso coma o de Feixoo poderase facer dende posicións negacionistas dos dereitos dos pobos,mais non pode validar dende a defensa da cultura e da lingua da terra que goberna,nin tampouco dende a defensa do estatuto de autonomía que ten a obriga de cumprir,por iso podemos acusar a este señor de facer deixazón das súas obrigas,de utilizar o poder para dinamitar dende dentro o propio estatuto
de autonomía,de pretender levar a Galiza de novo os séculos mais escuros da súa historia, e por iso tamén temos a obriga de pedirlle que abandone o posto que ocupa e no que non cre.

quarta-feira, 10 de novembro de 2010

Bluff Feixoo

Bluff=
1)Montaxe propagandístico que, unha vez organizado,revelase falso.
2)Persoa ou cousa revestida dun prestixio que co tempo revelase falto de fundamento
3)Definición moi acaída o actual presidente da Xunta Feixoo.

Despois de ano e oito meses de ocupación de San Caetano caen as caretas dos que chegaron o gobernocunha campanha electoral baseada na mentira:
lembramos as grandes promesas: o paro en 15 dias seria historia;
lembramos as grandes manipulacións: unha imposición con guión Faes;
lembramos as grandes mentiras:unha flota de coches que na maioría foran mercados polo mesmo Feixoo ou polo goberno o que el pertencía.
Estes son algúns dos exemplos dos grandes titulares para os cartaces electorais,mais agora chegou a hora de botar contas do grande líder que nos prometeu a salvación de el ganhar as eleccións.
O paro non deixa de medrar e as expectativas indican que o vai seguir facendo no futuro,a imposición coa sinatura FAES converteuse nas mans de Feixoo nun aval para rebaixar no ensino e fora del a presenza da lingua propia de Galiza (por primeira vez dende que temos autonomía) ,os coches que lhe serviron de manipulación dunha mala xestión, aparcados nos garaxes ou vendidos por baixo do seu prezo mentres se mercaron outros novos.
Despois de ano e oito meses descubrimos a verdadeira faciana da mentira,un goberno ausente nos grandes problemas que ten a nosa terra nuns tempos de crise que agravan a situación, un goberno que se nega a gobernar porque só existe para levar o seu presidente ala onde en verdade ten o punto de mira,as próxima eleccións estatais ben para formar parte dun hipotético goberno en Madrid ou como recambio do outro Bluff, Raxoi.
Un goberno que recua coa facilidade que da o medo a reacción social que poida levar os titulares o fracaso dun político que vive pendente en exclusiva do seu propio futuro.Velaí o Bluff para aqueles que acreditaron nun mentireiro que andaba a pilhota do poder,o Bluff que os que estaban no poder non foron quen de facer visíbel a cidadanía.
Agardamos que os hoxendía opositores non deixen pasar a ocasión de bater co punho enriba da realidade a que este Bluff está a levar a nosa terra,non lhe faltan dende logo ocasións,a última unha visita Papal que se pode de cualificar de engano masivo, e que como sempre agora diante do fracaso miran cara outro lado.Estamos agardando pola oposición.

segunda-feira, 8 de novembro de 2010

Maiorias Silenciosas

Lémbrome da frase antolóxica do presidente Feixoo a conta das primeiras manifestación que se levaron a cabo coa lea da lingua,diante das históricas cifras de participantes nesas primeiras manifestacións EL recórreo a maioría silenciosa,aquela que o quedar na casa doulle o apoio incondicional a súa
política lingüistica.
Daquela o insigne presidentiño sinteuse apoiado por unha "procesión de caladiños"que portaban no seu trono as teses da nova Xunta, as que nos viñan redimir dos impositores os que EL,sabio líder,substituíu para proclamar a "libertá" que nos roubaran.
Hoxe despois dunha visita Papal que o mesmo líder nos prometeu viña ser a solución que Galiza precisaba,unha visita que enchería as rúas de Compostela de peregrinos(200,000) dispostos a deixar baleiros os negocios do xénero co que traballan,dispostos a encher os hoteis da cidade e comarca,unha visita que nos situaría no primeiro plano informativo a nivel mundial,hoxe o noso presidente
pasase o bando dos caladiños e infórmanos que EL non ten que cifrar a cantidade de xente que acudiu o evento Papal,a súa misión e a do actual goberno da Xunta limitouse a facer hipóteses sobre o que lle conviña a EL e mais o seu goberno,e en todo caso desta volta a Maioría silenciosa está ben claro o que nos di co seu silencio:"o apoio maioritario de Galiza a esta visita tamén se demostra
quedando na casa, facendo exercicios espirituais e rezando o rosario,que sen dubida foi o que fixo esta nova procesion de Caladiños."
Os críticos que non sabemos interpretar as mensaxes das maiorías silenciosas adicámosnos a manipular ao noso favor a baixa asistencia a tan ilustre visita,manipulamos a dilapidación de cartos públicos que se fixo dun acto de carácter privado,manipulamos a utilización das forzas de seguridade do estado
postas o servizo dun líder espiritual que ven a criticar as leis dun estado aconfesional,en fin o de sempre queremos manipular os silencios dos que desta volta ficaron calados,mais só EL o líder,e quen de interpretan as verdadeiras mensaxes das maiorías silenciosas.AMEN

quarta-feira, 3 de novembro de 2010

Correo de protesta a Telecinco

Como asinantes do "Manifiesto por la lengua común" deixan vostedes de ser un medio de
comunicación imparcial con tódolos territorios do estado.
Lémbrolles que dentro do estado español ademais da lingua Castelán existen tres linguas mais:Catalán,Éuscaro e Galego que tamén son oficiais nos seus territorios, onde ademais son linguas propias,son xa que logo linguas comúns para os habitantes destes territorios.
O que este manifesto pretende e nin mais nin menos que situar nun plano de inferioridade estas outras linguas o atribuírlle o Castelán un maior status como "lingua de comunicación dun ámbito superior".Deberían de saber e valorar en positivo que tódalas linguas, independentemente da cantidade de falantes que as utilicen son por definición igual de importantes, pois a realidade e que tódalas linguas son a mais grande expresión dos pobos que as crearon,vostedes no canto de
defender o valor cultural que significa ter varias linguas nun territorio apoiando os idiomas en inferioridade de condicións, por exemplo utilizando a toponimia orixinal na súa programación entre outras moitas cousas que como medio de cominación de todo o estado tamén nestes territorios,poderían facer,decántanse por asinar dito manifesto que ten como base limitar a capacidade desas linguas a se rexenerar despois de ter sufrido o longo dos séculos a persecución e a discriminación contra os seus falantes.
Polo tanto vista esta actitude por parte da súa empresa, e como medida de protesta deixarei de sintonizar a súa canle ate que a actitude contra o noso idioma, neste caso o Galego,sexa de respecto.

sábado, 30 de outubro de 2010

De onde vimos?

De onde vimos,porque unha sociedade coa a nosa se reafirma nun autoodio que non lhe aporta nada beneficioso para o cnxunto de dita sociedade?.
Digo eu que ninguen se nega a si mesmo pos un sinxelo mecanismo de masoquismo que leva nos xens coma algo natural que nacese con el por pertencer a unha etnia ou a un povo determinado.
Xa que logo deberiamos reflexionar porque esta sociedade chegou os nosos días tal como a conhecemos,buscar as razóns para comprender,conhecernos a nos mesmos para valorar o qe somos e ate onde podemos chegar.
Aporto unha ligazón que neste senso tenta aclarar de onde vimos para comprender o que somos na actualidade:
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=849&seccion=4

quarta-feira, 20 de outubro de 2010

Premios trampa

Precisamos unhas institucións con persoas que respecten a Galiza,non podemos aceptar que institucións coma as tres universidades ou a Real Academia Galega sexan submisas a personaxes da talha de Louzán apoiando a concesión por unanimidade? dun premio que leva o nome de Don Ramón Otero Predrayo a un insigne franquista,a un virachaquetas político que aproveitou cada momento da historia da nosa nación que lhe tocou vivir para agrandar o seu ego persoal.
Os representantes de estas institucións o validar co seu apoio a personaxes coma estes demostran que no canto de defender unha Galiza orgulhosa e esixente coa súa cultura e coa súa identidade están traizoando a propia terra na que tenhen as súas orixes, a que pertencen e a que se deben ditas institucións.
Que nos expliquen onde ven eles a contribución a cultura galega deste home,onde atopan a promoción dos valores propios da nosa terra neste personaxe,Ou acaso concordan co impulsor desta candidatura afirmando e dando por verdade o que é unha grandísima mentira, que os méritos do candidato son a promoción da lei de Normalización Lingüistica?se é así preguntámosnos se concordan tamén co inefable Louzán no desprezo que fai desta mesma lei e da cultura desta nosa nación.
Decisións coma estas que levan a fin os representantes destas institucións feden a corporativismo institucional,aproveitan o nome de personalidades insignes da nosa historia para avalar personaxes que tan só fose por hixiene democrática deberían ficar nas páxinas dunha das historias mais negra do noso pasado.Xa non o digo por os animadores de tal proposición,deles esperamos calquera cousa,digo por quen representa a cultura de Galiza no mais alto nivel,a baixeza na que caen e de tal
dimensión que nos obrigan a pensar que só se representan a eles mesmos, polo que deberían abandonar os cargos que ocupan en ditas institucións.

quarta-feira, 13 de outubro de 2010

Galiza "Facha"?


Parece estar de moda por parte de certos políticos do estado cualifícarnos os galegos con adxectivos, polo xeral non moi amistosos,velaí algúns exemplos:
Rosa Díez:"Zapatero es muy "gallego" en el sentido peroyativo del termino" "de Rajoy dixo 'Es gallego'
Montilla: Chamalle "Gallegos" os deputados do PP no parlamento Catalán
Corbacho:"O presidente das Asociacións Galegas en Cataluña, Ernesto Lagarón acúsao de chamarnos os galegos fachas"
Estes cualificativos cando se fan tenhen un denominador común,utilízanse como defensa contra os rivais para marcar diferenzas diante da cidadanía,así que chegamos a conclusión que ser galego para as persoas que utilizan o noso xentilicio nacional neste sentido e ter unha eiva que é exclusiva dos galegos, mais non deles nin do que eles representan.
No dicionario da RAE aparecen a día de hoxe estas definicións de Gallego:
gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica. libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

Fixémosnos no punto 5º e no punto 6º;noxento verdade?seica na próxima corrixírase eliminado o termino do punto 5º mais o do punto 6º non parece ser considerado pexorativo, polo que se manterá.
Historicamente son moitos os que utilizaron o termino "gallego" e tódalas súas derivacións, con este afán despectivo:Gongora,Lope de Vega,Mariano Jose de Larra,Unamuno etc.etc.
Observamos xa que logo que a cousa ven de velho,e seria moi interesante analizar o porque desta teima en desprestixiar a Galiza e os galegos e galegas.
Sobre isto aconselho que premades na ligazón que engado,atoparedes unha análise ben interesante de Pilar garcia Negro co seguinte titulo-Do racismo ao paternalismo, sen pasaren pola História-

http://www.uniondopovogalego.org/terraetempo/17-7.htm

Evidentemente a Galiza ten unha historia pouco semelhante os outro povos da península o que levou o invasor a tratar a esta terra e os seus habitantes coa máxima dureza na súa colonización,dureza que váleo de ensaio de cara a que mais tarde aplicarían, segundo nos di a autora do artigo anterior, coa colonización dos povos de America.Esta dureza chega os nosos días, demóstranolo tanto o feito de que
dende o estado espanhol se siga considerando o ser galego coma unha eiva, mais, tamén o demostra a actitude diante desta consideración que moitos galegos tenhen de si mesmos admitindo coma unha verdade incuestionable o que en realidade é unha actitude racista.
Nin Rosa Diaz, nin Montilla e tampouco Corbacho poderían manter tales afirmacións se non sufrisen a enfermidade da ignorancia acompanhada polos síntomas do complexo de superioridade que lhes aporta o non conhecer os galegos e as súas
circunstancias.Porque ignorante é quen ten un conhecemento imperfecto sobre nós e intenta vender esa falha de conhecemento coma verdade.
Cualificar a alguén coma "Gallego" pretendendo darlhe un valor de ambiguo, e ignorar que os galegos sabemos perfectamente cando subimos, cando baixamos ou cando decidimos quedar parados,mais a que non o sabe e ela,a que ignora e ela, porque non lhe interesa saber como somos,só precisa botar man de topicos para autoafirmar o seu egocentrismo .
Nomear os deputados dun grupo determinado co animo de descualificalos
chamándolles "Gallegos"demostra ben as claras que a ignorancia fai estragos en mentes que ficaron ancoradas en tempos pasados no canto de se actualizar cavilando que non todo o que se dixo e escríbeo responde a unha realidade incuestionable.
Chamarnos a tódolos galegos fachas, e, sin mais un síntoma de prepotencia e unha loa a ignorancia,porque ninguén dotado de unha intelixencia media calificaria a todo un povo dunha orientación política determinada, sen matices,menos aínda cando quen tal afirma o fai nun foro no que recibiu apupos por unha parte dos
asistentes,demostra entón a maiores da súa ignorancia unha baixa catadura moral por tal enfurrunhamento de patio de escola.
Nin tódolos galegos somos ambiguos nin tódolos galegos respondemos aos estereotipos que de nós se dixeron e fixeron e moito menos tódolos galegos somos fachas,esto podo confirmar.
Acreditamos que Galiza ten problemas,moitos deles herdados do castigo inflixido polos vencedores na loita pola nosa colonización,problemas que aínda a día de hoxe se manifestan en actitudes sociais e políticas na propia sociedade galega,mais estes problemas terán que se analizar dende unha óptica libre de prexuízos adquiridos, e non, dende logo por parte de personaxes que o único interese que tenhen cando utilizan estes prexuízos e o de agochar a súa falta de propostas.
Galiza nin é mais nin menos facha que o resto da península, tampouco o é mais ca o resto de Europa,o que nos diferenza doutros povos do estado espanhol e basicamente a falha de opcións galeguistas na orbita dun centro dereita que desvíen votos desta ultradereita que actualmente nos goberna a esas outras opcións,mais afirmo que o voto a esta ultradereita non o é por a ideoloxía senón pola necesidade que senten moitos galegos de protección,o paternalismo que nos contaminaron séculos de duro colonialismo,ou é que alguén se atrevería a cualificar os galegos de fachas se tiveramos resolto este problema como o tenhen Catalunya ou Euskadi con partidos nesa orbita de dereitas?a siguiente pregunta seria se partimos das mesmas circunstancias que estes dous povos,coido que non, e penso tamén que aí e donde nace un dos
graves problemas sin resolver que Galiza ten a día de hoxe.Outra pregunta que nos debemos facer é; son acaso menos conservadores estes povos que o noso?a súa representación política demóstranos que non é así,repito que moi probablemente a diferenza sexa a actitude que se tivo con cada povo nas loitas dese pasado que tanto
marcaron a nosa personalidade.
Poderiamos analizar o porque Galiza non racha con esta necesidade de protección paternalista,se o fixeramos cadraríannos moitos dos mitos outorgados a dedo a nosa terra,mitos que interesa manter por parte dun estado covarde, coa axuda dos traidores que foron e son, un estado que e sabedor que unha Galiza conhecedora da súa historia voltaria a ser un problema para manter unha unidade fiticia dunha nación inventada vai alá para cinco séculos.

segunda-feira, 11 de outubro de 2010

Panteismo


O panteísmo é unha doutrina filosófica segundo a cal o Universo, a natureza e Deus son equivalentes. A lei natural, a existencia e o universo (a suma de todo o que foi, é e será) represéntase por medio do concepto teolóxico de "Divos".
O panteísmo é a crenza de que o mundo e Deus son o mesmo, é máis unha crenza filosófica que relixiosa. Cada criatura é un aspecto ou unha manifestación de Deus, que é concibido como o actor divino que desempeña á vez os innumerables papeis de humanos, animais, plantas, estrelas e forzas da natureza.
O panteísmo é incompatible coa crenza nun Deus persoal, por iso é polo que para algúns sexa unha expresión do ateísmo.
Con todo tamén aporta un nexo de unión entre diferentes relixións, por exemplo hai pouca diferenza entre esta visión ou o que para os budistas "o un é o todo".


Velaquí a idea que me bombardea a cabeza cada día con mais forza,estou a matinar a maneira de expresar isto nunha serie de fotografías,bulen polas minhas neuronas imaxes que expresen a filosofía que case sen me decatar marca minha existencia dende neno.A relación coa natureza que vai mais lonxe da simple observación,
que se incrustan ma minha mirada con espírito propio,que son quen de me facer sentir sensacións únicas.
Eu non son a mesma persoa cando caminho por unha estrada de asfalto que cando os meus sentidos reciben o alimento da natureza mergulhado no espazo que ela domina.
Complicada tarefa a que tenho por diante,preciso soidade,esta minha relación esíxeme adicación plena,terei que aproveitar cada momento, cada segundo para me perder nestas cavilacións,doutro xeito non serei quen de avanzar.

quinta-feira, 7 de outubro de 2010

Correo o centro Galego no Perú

Chega a Galiza a nova de que dende o Centro Galego no Perú están en contra de que a lingua propia da Galiza,o galego,sexa excluída da súa utilización no senado do estado español,para o que envían dende dito centro correos invitando a participar nunha enquisa coa finalidade de "ayudar al español frente a los separatistas". Esta manipulación que fan vostedes dende un centro que leva o nome da Galiza, a mais de ser vergonhenta para calquera persoa que sinta orgulho de ser galego, e que o demostre respectando os nosos sinais de identidade, é unha falta a verdade e un canto a manipulación. Confunden e pretenden confundir vostedes identidade,cultura,lingua con política,a nosa lingua pertence a tódolos galegos e tódalas galegas independentemente das opción políticas que cada un tenha,vostedes son os que incorren intencionadamente nunha manipulación política e nun nacionalismo excluínte cando optan por adoutrinar a xente no seu auto-odio,vostedes practican o separatismo mais vulgar o tentar enterrar a nosa lingua e a nosa cultura debaixo dunha capa de desprestixio e complexos,como nos vellos tempos que algúns por feitos coma estes parecen querer negarse a superar. Se alguén e separatista por falar unha lingua que lhe deixaron en herdanza os seus devanceiros benvido sexa o separatismo,se alguén e separatista por respectar a cultura do seu pobo e non se avergonhar do que é,benvido sexa o separatismo,mais non, o separatismo está nas mentes retrogradas que foxen do que son por vergonha,que esquecen os seus devanceiros,xentes coma vostedes que pretenden ponher unha mascara para pasar polo que non son ,vostedes non son nin galegos nin outra cousa. Ninguén é mais traidor a si mesmo e os seus descendentes que o que renega do seu pasado.

sábado, 2 de outubro de 2010

Nacinalismo ou Independentismo?


As veces dou en teimar sobre dous termos que poden parecer o mesmo mais no fondo son ben diferentes:
Nacionalismo:
"O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.
O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría
romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.
O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e
homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación
sexa superior a outra, senon que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural."
Deste xeito atopamos a definición de nacionalismo na Galipedia

Do independentismo dinos estrouto:
"Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos.
A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta de Nación Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, se ben que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito. Aínda así, no século XX numerosas nacións europeas lograron a independencia sen se atoparen nesta situación, como é o caso de Noruega, as repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania ou Irlanda entre outras.
Na historia contemporánea, o independentismo amósase como a causa maioritaria de formación de estados novos, motivando que no século XX e xa no século XXI o número de estados soberanos non cesase de medrar."


Xa que logo vexo como diferenza mais notable o feito de que o independentismo non precisa propugnar valores que definan un territorio para consideralo unha nación,na propia definición vai implicito o reconhecemento de que o territorio onde se desenrola e xa unha nación.
Reconhecido que Galiza e unha nación o que os independentistas reclamamos e a liberación da mesma co dereito que temos a autodeterminación para que deste xeito a nosa cultura, lingua,a nosa propia identidade,a nosa economia etc.etc. poida desenrolarse en favor do noso povo.E todo isto sen precisar ningun paso intermedio.

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Atopareite no universo da minha memoria.




E hora de mergulharme no blogue,despois dun tempo afastado del por mor de circunstancias ben pouco desexables que me ocuparon, e aínda andan a me ocupar as palabras, as ideas e o meu tempo enteiro,mais tenho de por mans a obra e botarme pra diante.
Quero, porque o necesito, adicar esta entrada a persoa que me afastou do meu mundo para me ocupar das súas derradeiras miradas;das súas derradeiras palabras;........

Na memoria da minha irmán, que fica aquí, na minha memoria.



-Atopareite no universo da minha memoria,colhidos da man polas rúas da nosa infancia.
-Atopareite, naquela noitinha caminho de algures, mentres
a minha curiosidade de neno preguntaba o que ti,(nena tamén)non podías responder.

-Atopareite, cando agardaba que voltarás da escola,alí tras da cocinha,
esperando que lembraras traer aqueles gharabulhos de pan que tanto gostaba deles.

-Atopareite en calquera recuncho da miña memoria cando nos pertencía o tempo.

-Esquecerei que non estás,aínda que mo lembre a túa ausencia,
aínda que o silenzo non me deixe escoitar a túa voz, esquecerei que me faltas,
aínda que a luz non ilumine a túa presenza,esquecerei que te fuches.


-E cando te precise, buscareite nese tempo no que aínda ficas comigo,
nese tempo infinito que ningunha morte e quen de nos roubar,
buscareite no tempo que nos pertence, só a ti e a min,
cando colhidos da man percorriamos as rúas da nosa infancia.

domingo, 26 de setembro de 2010

Seica andas por aqui Juanjo


Seica andas por aquí Juanjo,daquela voute sorprender, que che parece se che adico unha fotografía, venha velaí como benvida o meu humilde blogue.
A foto tituloa Mascaras,espero que gostes dela.

Unha aperta

quinta-feira, 12 de agosto de 2010

E hora de se mollar pola Lingua


Galiza está nun momento clave de autoafirmación ou de desaparición como pobo.E esta unha responsabilidade que nos corresponde a nós, as galegas e os galegos os que nos tocou vivir nesta terra e neste tempo.A lingua e un dos símbolo que mais nos representa coma pobo,calquera, sexa galego ou non, saberá que nós somos galegas e galegos tan so con nos oír falar na nosa lingua.E como todos sabemos un momento moi delicado para a nosa lingua polos ataques que ben recibindo de quen debería, aínda que só fora por obriga estatutaria, defendela.
Nós como sociedade podemos actuar diante deste panorama,podemos colaborar en moitas e variadas actividades de loita e apoio as organizacións que coma tal se teñen creado
para defendernos da violencia do poder contra a nosa lingua, contra o noso pobo.
Mais hoxe o que desexo considerar e a actitude que cada un de nós de forma individual pode adoptar nesta loita.
Pode parecer que o que un faga a xeito individual non ten maior importancia, mais non é así,se cada un levamos connosco a defensa da nosa lingua, se procuramos darlle vida a nosa lingua na nosa vida diaria estaremos inxectando valor o idioma,e non só para nós mesmos senón tamén para os que nos escoiten,velaí unha maneira ben sinxela de loitar pola lingua. Se cada un de nós e quen, de maneira natural, de atraer xente que por calquera razón non se sintan implicados na defensa do idioma a que vexan o significado da defensa da nosa dignidade,daquela calculade a inmensa capacidade que temos.
E sinxelo se un comprende o verdadeiro valor dunha cultura defendela diante de quen sexa porque esta defensa nunca significa a obriga nin a imposición(como falsamente din aqueles que nos queren desacreditar)senón todo o contrario a liberdade de sermos quen de continuar construíndo unha cultura e un idioma milenario que os nosos antecesores crearon en consonancia coa terra na que viviron.
Deixar morrer unha lingua e un crime contra a humanidade,coa morte da lingua vanse moitas mais cousas,vaise unha cultura única vaise unha maneira de expresar e de entender o mundo, o universo, vaise un pobo.
Ninguén o pode facer por nós, somos os únicos responsables de que a morte de Galiza se produza, mais tamén somos os únicos responsables de que Galiza poida avanzar a beira dos outros pobos ofrecéndolle a humanidade a nosa particular maneira de ser universais.
Decidámonos polo Galego, e de lei cos nosos antepasados e connosco, mais tamén cos nosos fillos e cos fillos dos nosos fillos,e de lei co futuro da Galiza.

sábado, 7 de agosto de 2010

Benvido Piteira


Quero darche a benvida Piteira a este espazo persoal onde vou deixando reflexións sobre os acontecementos que me parecen importantes na minha vida.
Este tempo ocúpao mais ca nada o debate político envorcado como estou na defensa da
identidade nacional galega,envorcado polos continuos ataques que ben recibindo por parte duns gobernantes vendidos o poder central,duns "señoritos de toda la vida"que desprezan canto lhes lembra que son galegos,o auto odio que leva a esta terra a perda da súa identidade,

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/

Procurarei ir engadindo tamén outras cousas das que me sinto orgulhoso,espalhar por
este espazo tan etéreo o que un pensa sinte e fai, ou fixo noutro tempo, resulta gratificante polo que ten de comunicativo e de compartir con outras persoas as que lhes tocou acompanharme no tempo que está canda min.
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/

Engado coma agasalho de benvida unha imaxe ben galega,un deses horreos que nos seus diversos estilos nos acompañan nas nosas viaxes pola terra.

Unha aperta.

sábado, 24 de julho de 2010

25 de Xullo día da Patria Galega

Hoxe 25 de Xullo día da Patria Galega,tódolos galegos e galegas orgullosos de nos e da nosa terra camiñaremos outavolta polas rúas de Compostela reclamando dignidade e respecto para a nosa nazón,nestes tempos que alguns pretenden converter nos seculos escuros non imos deixar a nosa loita e precisamente eses ataques brutais a nosa identidade darannos mais forza para continuar avante con ela.
Colo aquí unha miña opinión a respecto dun artigo no Xornal do nefasto presidente da Xunta co gallo desta celebración:

Orgullo de sermos galegos, velaí a súa carencia;Galiza somos as xentes que amamos a lingua e a cultura galegas,os que reclamamos con voz ben alta que a lingua propia da nosa nazón recupere o lugar que lle corresponde como o mais grande símbolo que nos identifica como galeg@s,vostede non ten orgullo de ser galego cando para chegar a ser o presidente da Xunta non reparou en utilizar a mentira para desprestixiar a nosa lingua,vostede non ten orgullo de ser galego cando sendo presidente da Xunta e en contra da maioría de asociacións, partidos políticos, sindicatos RAG o CCG etc etc, leva a diante unha política educativa que rebaixa por primeira vez dende que temos autonomía a obriga de ir incrementando o ensino da nosa lingua aínda sabendo da situación de inferioridade na que se atopa con respecto a outra lingua oficial,vostede minte cando
fala do orgullo de ser galego.
Non bote man das Irmandades, non bote man de Castelao deixe de utilizar a demagoxia e os simbolos da Galiza para exterminar a cultura da nosa terra,se lle queda tan sequera unha neurona de "galeguismo aberto e cordial" mírese cara os adentros e cavile no mal que lle está a facer a esta terra.
Vostede ofrécelle a Galiza desprestixio e indignidade cando a ofrece a cambio de poder mais aló das nosas fronteiras,vostede ofrécelle a Galiza menos recursos, menos poder de decisión cando non e quen de lle dar o estatus que merece por non lle chamar e non a considerar o que sempre foi, unha nazón,e fala de galeguismo?
Vostede róuballe os cidadáns da Galiza as capacidades que se teñen conseguido ate a súa chegada para llelos ofrecer os seus oportunistas amigos,vostede esquilma o territorio a cambio de ter contentos a uns cantos poderosos.
E vostede o peor presidente que ten Galiza dende o inicio desta etapa autonómica,ten vostede un goberno que actúa en contra dos intereses comúns da nosa Nazón,a súa etapa como presidente da Xunta está dirixida pola demagoxia e os intereses espurios.
Desperta Galiza non ten deixe manipular por quen te utiliza tan so para te entregar coma botín nas mans dos teus inimigos de sempre, eses do que este señor e digno herdeiro.
Viva Galiza

domingo, 4 de julho de 2010

España se rompe

Teiman en construír unha nación,levan moitos séculos nesa teima,unha nación a súa medida,unha cultura e unha lingua baseada en exclusiva nos seus delirios,mais construír destruíndo. Son 500 anos de doma:http://es.wikipedia.org/wiki/Reyes_Cat%C3%B3licose seguen negando as nacións no nome do progreso e da globalización.Fabricaron unha lingua "común" e para manter esta lingua deberemos aceptar que as nosas linguas nacionais sexan tan só meros "dialectos folclóricos" Esquecen a nosa cultura as nosas tradicións,chega ben co que eles denominan cultura nacional,festa nacional, onde seica cabemos tod@s,unha música acompañada de bailes nos que nos identificamos os galegos e galegas dando palmas e facendo brincar os volantes que adornan os vestidos alunarados;ou nesas prazas onde os touros bufan coma única saída o festival sanguinario no que os obrigan a participar.Estas son as nosas tradicións, de obrigado cumprimento para nos considerar dignos de estar no mundo da man protectora de tan ilustre compaña. A nosa música os nosos divertimentos autóctonos non merecen a categoría. Esquecen a nosa relación coa terra, co mar,trasládannos a súa modernidade destrutora de espazos naturais, porque seica nos beneficia que eles teñan onde amarrar os seus iates, e nos a oportunidade de servilos.Seica o noso futuro está en aproveitar eses espazos únicos para producir;produtos que etiquetarán na lingua común e que renderan contas de resultados na capital da Grande Nación.Mais nos,equivocamos-nos se seguimos ca teima de aproveitar a riqueza que o mar foi quen de crear nas nosas rias,e un beneficio cativo comparado co que eles nos propoñen. Levan moitos anos loitando polo noso beneficio, mais nos somos testáns e non queremos entender que a súa proposta e a mais racional,e aínda o que e mais importante,é a única que teñen. Non estaria mal votarlle unha migalla de humor a tanta barbaridade e reclamar un pouco mais de sentidiño.http://www.youtube.com/watch?v=RVYDNw8l-Wc&feature=related Desculpar o atrevemento,mais estou preocupado porque "España se rompe como nos lembra Rajoy e confirma Zequiel.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

A lingua,algo mais que palabras

As veces se un non analiza con un pouco de precisión e afondando nos temas e tan só queda na superficie das cousas, podemos oír que tanto ten falar unha lingua ou outra se o final a lingua tan só vale para se entender uns cos outros,con este razoamento e fácil pasar o seguinte:logo e mais interesante falar unha lingua que teña un maior numero de usuarios.
Pois esta é a superficie do tema, mais profundemos un pouco e veremos que a lingua propia e a que nos identifica coma pobo e só cando sintamos que somos un pobo teremos poder para esixir que nos traten con respecto,
respecto necesario para avanzar cara un futuro de calidade en tódolos sentidos,se no canto de avanzar deste xeito o facemos abandonado a nosa identidade o que seremos nese futuro e escravos de quen foi capaz de nos roubar a identidade,serémolo nos e mais o noso territorio:
Explícao moi ben Fermín Bouza nesta ligazón:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/modernizacion/elpepiautgal/20100625elpgal_10/Tes/
Saúdos

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Non puído ser


Non puído ser,o final o premio foi para outro,non pasa ren, teño un ano para preparar o próximo concurso as cousas non sempre son coma a un lle gustaría.
De tódolos xeitos trouxen un diploma para casa por estar entre os corenta e sete seleccionados de trescentos e pico,non está mal.
O Tenente de Alcalde e responsable de cascos históricos díxonos no acto de entrega de premios que o concello vai editar un libro coas 47 fotografías seleccionadas,isto tamén e unha boa noticia.
Engado a foto que me seleccionaron,manteño a ilusión e as gañas de continuar participando noutras ocasións. Engado unha ligazón onde aparecen as 47 fotos seleccionadas:

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Galiza Neofalante

Deixo hoxe unha ligazón a un artigo en Vieiros de Marcos Abalde, e deixo esta ligazón porque trata un tema referente a lingua que me parece fundamental,os neofalantes.
Despois de séculos de castelanización da Galiza atopámosnos agora nun tempo en que xa non só abonda cos falantes os que nos veu en herdanza a lingua, e preciso que a xente que náceo nun ambiente castelanfalante tome a iniciativa de atoparse coa lingua que lle foi negada e que é a lingua propria da terra onde ela ou el naceron.
http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1231/por-unha-galiza-neofalante
Que vos aproveite

domingo, 6 de junho de 2010

Chamanlle xornalismo a calquera cousa.

Vou colgar un vídeo arrepiante dunha cadea que está a espallar a bandeira do fascismo polas ondas e que se está a coar nas pantallas dos televisores de moitas casas,practicando un "periodismo" demagóxico,utilizando de xeito arbitrario a crise actual para conque-rir adeptos a unha causa que xa coñecemos,coñecémola causa e coñecemos os resultados que trouxo consigo,mais moitas veces esquecemos que o que pasou foi real e non unha película no cinema que te entretén, e se non levantas da butaca e vas fora.
http://www.publico.es/televisionygente/318015/gato/agua/intereconomia/insultosconsellera
Verdade que é arrepiante,pois mais arrepia que esta sexa a cadea de referencia do noso presidentiño a onde acude a dar explicacións da politica de destrución que está a aplicar sobre o noso pais.
Este é o nivel intelectual que alcanza xente coma o Feijóo, e que sexa presidente, ten delito.

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Finalista no Concurso Fotográfico

Acabo de recibir un correo-e onde me comunican que son un dos 39 finalistas do concurso fotográfico Vigo Vello,convidan-me para estar o día 11 deste mes na entrega dos premios e diplomas e será nese momento cando se de a coñecer os gañadores,sigo entón con posibilidades e alégrome non só polo premio que sempre ven ben tamén ou aínda mais polo recoñecemento que supón que algo que fas na túa intimidade e coa túa visión das cousas sexa recoñecido polos demais e lle transmita algo a persoas alleas a min.
Alegróuseme a tarde.

quarta-feira, 2 de junho de 2010

Manifestación día das letras

Deixo hoxe un Video da manifestación do pasado 17 de Maio,o video ten a calidade que permite gravalo dende dentro da propria manifestación mais ten o valor da testemuña en primeira persoa.Ateigamos Compostela unha morea de xente, percorremos as rúas reclamando o dereito que temos a vivirmos coma galegos, na nosa lingua, nestes tempos de ataques dende os que deberian protexer por mandato do estatuto a lingua propria do pais.

Estivemos e estaremos tódalas veces que sexa preciso,pola nosa lingua nin un paso atras.

terça-feira, 1 de junho de 2010

Bicentenario da Reconquista


O ano pasado 2009 celebrouse o Bicentenario da Reconquista da Vila de Vigo,daquela presentei un deseño para o cartaz anunciador da festa,deronlle a este desño un acesit,premio que aparte de me facer unha grande ilusión veume estupendo para desfrutar da festa,abofé que as desfrutei.

sábado, 29 de maio de 2010

Desmontando Mitos da Lingua Común

Unha das causas que me levaron a decidir engadir un blogue a miña vida xusto neste intre é a defensa da miña identidade.
Nos tempos actuais volve o monstro da xenofobia, aínda disimulado debaixo dunha careta de democracia, e ben significativo que a caverna mais centralista segue mostrando a súa faciana mais atávica, atacando sen dor as demais nacións que actualmente pertencen ao estado español e que durante séculos quixeron domesticar sen acabar de o conseguir.
Na Galiza dende a chegada da actual xunta o poder vémonos obrigados a actuar na defensa da nosa lingua,estamos obrigados porque o ataque e directo e vai dirixido a dar o golpe de gracia a nosa cultura,cortando polo pé o contacto das crianzas co idioma proprio do pais.
Están facendo esta atrocidade tamén enmascarados,os covardes sempre actúan cunha mascara nunca coa cara o descuberto,desta volta tentan enganar coa falacia de "dos lenguas oficiales deben de tener la misma cobertura en la enseñanza),claro sen ter en conta a situación real de ámbalas dúas linguas,basta ter ollos na cara para decatarnos que o idioma proprio atopase nunha situación de desigualdade fronte a lingua allea,mais isto ocultase.
Ofrecen tamén co novo decreto a "libertaz"de elección de idioma no ensino por parte dos pais,mais concretamente na etapa infantil onde se fará unha pregunta para descubrir cal e a lingua materna das crianzas,e fácil saber o que acontecerá nas cidades e xa en moitas vilas da actual Galiza,o español será por este método a lingua de ensino para as nenas e nenos que non terán contacto coa lingua propria ate os 6 anos,mais isto agravase se nos decatamos que cada vez mais a poboación desprazase das aldeas ou vilas pequenas cara as cidades ou vilas mais grandes co que cada ano irá empeorando a situación da lingua.
Podería seguir falando do tema mais o que pretendo é aportar debate, considero que no momento actual é preciso actuar, estar mobilizado,é preciso que cada un de nos, un a un sumemos esforzos para nos defender do "etnocio" que se nos ben enriba,por pouco que fagamos na nosa vida particular se todos aportamos multiplicarémosnos,velaí a única defensa que non poderán atravesar.
Pola miña parte participo en foros,nalgúns casos con este debate en exclusiva,e en blogues onde a mais doutras actualidades este e un tema prioritario,está claro que a maiores destas participacions o meu apoio real manifestase nas rúas cando é preciso.
Irei na medida das miñas posibilidades aportando o blogue ligazóns a artigos ,conferencias etc.etc. que me parezan de interese,comenzo neste post a primeira das ligazóns.
E unha conferencia do lingüista Juan Carlos Moreno Cabrera,dura 39 minutos mais merece ben a pena escoitala ate o final,desmontando mitos da "Lengua Comun".

http://www.youtube.com/watch?v=d4B6Hu3z-4A&feature=related

Espero que a desfrutedes

sexta-feira, 28 de maio de 2010

Concurso Fotográfico







Estou a participar no concurso fotográfico sobre o casco vello;o conto vai sobre fotografías actuais referidas a esa zona de Vigo, está organizado pola asociación de comerciantes "Vigo Vello,centro comercial aberto",127 persoas presentamos fotografías, en total a cantidade de fotos presentadas ascende a 347 ,un bo numero.Tódalas fotografías atópanse expostas en locais da zona do casco vello, as miñas en concreto están na cafetería Dona Vaniri,rúa Porta do Sol,2. Presentei a este concurso 3 fotografías, unha do Berbés co cruceiro en primeiro termo e o fondo pódense intuír a través do desenfoque os soportais que se manteñen en pé coma negandose a se render ao abandono,espero que o consigan. Outra foto e dunha parte que non coñecía, a Praza de Pescadores,este concurso axudoume a descubrir un Vigo o que se lle deu as costas durante moito tempo,igual a espera de que nos esquecesemos que existía,mais as pedras aínda vellas teñen a forza necesaria para revivir. E por ultimo presento unha nocturna da praza da Constitución,foto clásica onde destacan os adorno do Nadal.Déixovolas aquí e invítovos a percorrer o casco vello tomar un café, unha cervexa e ollar as diferentes visións que cada un ten dun mesmo espazo.

quinta-feira, 27 de maio de 2010

Unha imaxe dun momento


Vai unha imaxe coma saúdo deste tempo e este espazo.

Hoxe quinta feira despego

Hoxe quinta feira doulle vida o blog,a miña idea e ilo alimentando diariamente de todo aquilo que me aconteza e considere testemuña do que pasou arredor de min e do tempo que viaxa canda min,unha testemuña que poida permanecer ainda mais aló do meu proprio tempo.