sábado, 30 de outubro de 2010

De onde vimos?

De onde vimos,porque unha sociedade coa a nosa se reafirma nun autoodio que non lhe aporta nada beneficioso para o cnxunto de dita sociedade?.
Digo eu que ninguen se nega a si mesmo pos un sinxelo mecanismo de masoquismo que leva nos xens coma algo natural que nacese con el por pertencer a unha etnia ou a un povo determinado.
Xa que logo deberiamos reflexionar porque esta sociedade chegou os nosos días tal como a conhecemos,buscar as razóns para comprender,conhecernos a nos mesmos para valorar o qe somos e ate onde podemos chegar.
Aporto unha ligazón que neste senso tenta aclarar de onde vimos para comprender o que somos na actualidade:
http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=849&seccion=4

quarta-feira, 20 de outubro de 2010

Premios trampa

Precisamos unhas institucións con persoas que respecten a Galiza,non podemos aceptar que institucións coma as tres universidades ou a Real Academia Galega sexan submisas a personaxes da talha de Louzán apoiando a concesión por unanimidade? dun premio que leva o nome de Don Ramón Otero Predrayo a un insigne franquista,a un virachaquetas político que aproveitou cada momento da historia da nosa nación que lhe tocou vivir para agrandar o seu ego persoal.
Os representantes de estas institucións o validar co seu apoio a personaxes coma estes demostran que no canto de defender unha Galiza orgulhosa e esixente coa súa cultura e coa súa identidade están traizoando a propia terra na que tenhen as súas orixes, a que pertencen e a que se deben ditas institucións.
Que nos expliquen onde ven eles a contribución a cultura galega deste home,onde atopan a promoción dos valores propios da nosa terra neste personaxe,Ou acaso concordan co impulsor desta candidatura afirmando e dando por verdade o que é unha grandísima mentira, que os méritos do candidato son a promoción da lei de Normalización Lingüistica?se é así preguntámosnos se concordan tamén co inefable Louzán no desprezo que fai desta mesma lei e da cultura desta nosa nación.
Decisións coma estas que levan a fin os representantes destas institucións feden a corporativismo institucional,aproveitan o nome de personalidades insignes da nosa historia para avalar personaxes que tan só fose por hixiene democrática deberían ficar nas páxinas dunha das historias mais negra do noso pasado.Xa non o digo por os animadores de tal proposición,deles esperamos calquera cousa,digo por quen representa a cultura de Galiza no mais alto nivel,a baixeza na que caen e de tal
dimensión que nos obrigan a pensar que só se representan a eles mesmos, polo que deberían abandonar os cargos que ocupan en ditas institucións.

quarta-feira, 13 de outubro de 2010

Galiza "Facha"?


Parece estar de moda por parte de certos políticos do estado cualifícarnos os galegos con adxectivos, polo xeral non moi amistosos,velaí algúns exemplos:
Rosa Díez:"Zapatero es muy "gallego" en el sentido peroyativo del termino" "de Rajoy dixo 'Es gallego'
Montilla: Chamalle "Gallegos" os deputados do PP no parlamento Catalán
Corbacho:"O presidente das Asociacións Galegas en Cataluña, Ernesto Lagarón acúsao de chamarnos os galegos fachas"
Estes cualificativos cando se fan tenhen un denominador común,utilízanse como defensa contra os rivais para marcar diferenzas diante da cidadanía,así que chegamos a conclusión que ser galego para as persoas que utilizan o noso xentilicio nacional neste sentido e ter unha eiva que é exclusiva dos galegos, mais non deles nin do que eles representan.
No dicionario da RAE aparecen a día de hoxe estas definicións de Gallego:
gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica. libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

Fixémosnos no punto 5º e no punto 6º;noxento verdade?seica na próxima corrixírase eliminado o termino do punto 5º mais o do punto 6º non parece ser considerado pexorativo, polo que se manterá.
Historicamente son moitos os que utilizaron o termino "gallego" e tódalas súas derivacións, con este afán despectivo:Gongora,Lope de Vega,Mariano Jose de Larra,Unamuno etc.etc.
Observamos xa que logo que a cousa ven de velho,e seria moi interesante analizar o porque desta teima en desprestixiar a Galiza e os galegos e galegas.
Sobre isto aconselho que premades na ligazón que engado,atoparedes unha análise ben interesante de Pilar garcia Negro co seguinte titulo-Do racismo ao paternalismo, sen pasaren pola História-

http://www.uniondopovogalego.org/terraetempo/17-7.htm

Evidentemente a Galiza ten unha historia pouco semelhante os outro povos da península o que levou o invasor a tratar a esta terra e os seus habitantes coa máxima dureza na súa colonización,dureza que váleo de ensaio de cara a que mais tarde aplicarían, segundo nos di a autora do artigo anterior, coa colonización dos povos de America.Esta dureza chega os nosos días, demóstranolo tanto o feito de que
dende o estado espanhol se siga considerando o ser galego coma unha eiva, mais, tamén o demostra a actitude diante desta consideración que moitos galegos tenhen de si mesmos admitindo coma unha verdade incuestionable o que en realidade é unha actitude racista.
Nin Rosa Diaz, nin Montilla e tampouco Corbacho poderían manter tales afirmacións se non sufrisen a enfermidade da ignorancia acompanhada polos síntomas do complexo de superioridade que lhes aporta o non conhecer os galegos e as súas
circunstancias.Porque ignorante é quen ten un conhecemento imperfecto sobre nós e intenta vender esa falha de conhecemento coma verdade.
Cualificar a alguén coma "Gallego" pretendendo darlhe un valor de ambiguo, e ignorar que os galegos sabemos perfectamente cando subimos, cando baixamos ou cando decidimos quedar parados,mais a que non o sabe e ela,a que ignora e ela, porque non lhe interesa saber como somos,só precisa botar man de topicos para autoafirmar o seu egocentrismo .
Nomear os deputados dun grupo determinado co animo de descualificalos
chamándolles "Gallegos"demostra ben as claras que a ignorancia fai estragos en mentes que ficaron ancoradas en tempos pasados no canto de se actualizar cavilando que non todo o que se dixo e escríbeo responde a unha realidade incuestionable.
Chamarnos a tódolos galegos fachas, e, sin mais un síntoma de prepotencia e unha loa a ignorancia,porque ninguén dotado de unha intelixencia media calificaria a todo un povo dunha orientación política determinada, sen matices,menos aínda cando quen tal afirma o fai nun foro no que recibiu apupos por unha parte dos
asistentes,demostra entón a maiores da súa ignorancia unha baixa catadura moral por tal enfurrunhamento de patio de escola.
Nin tódolos galegos somos ambiguos nin tódolos galegos respondemos aos estereotipos que de nós se dixeron e fixeron e moito menos tódolos galegos somos fachas,esto podo confirmar.
Acreditamos que Galiza ten problemas,moitos deles herdados do castigo inflixido polos vencedores na loita pola nosa colonización,problemas que aínda a día de hoxe se manifestan en actitudes sociais e políticas na propia sociedade galega,mais estes problemas terán que se analizar dende unha óptica libre de prexuízos adquiridos, e non, dende logo por parte de personaxes que o único interese que tenhen cando utilizan estes prexuízos e o de agochar a súa falta de propostas.
Galiza nin é mais nin menos facha que o resto da península, tampouco o é mais ca o resto de Europa,o que nos diferenza doutros povos do estado espanhol e basicamente a falha de opcións galeguistas na orbita dun centro dereita que desvíen votos desta ultradereita que actualmente nos goberna a esas outras opcións,mais afirmo que o voto a esta ultradereita non o é por a ideoloxía senón pola necesidade que senten moitos galegos de protección,o paternalismo que nos contaminaron séculos de duro colonialismo,ou é que alguén se atrevería a cualificar os galegos de fachas se tiveramos resolto este problema como o tenhen Catalunya ou Euskadi con partidos nesa orbita de dereitas?a siguiente pregunta seria se partimos das mesmas circunstancias que estes dous povos,coido que non, e penso tamén que aí e donde nace un dos
graves problemas sin resolver que Galiza ten a día de hoxe.Outra pregunta que nos debemos facer é; son acaso menos conservadores estes povos que o noso?a súa representación política demóstranos que non é así,repito que moi probablemente a diferenza sexa a actitude que se tivo con cada povo nas loitas dese pasado que tanto
marcaron a nosa personalidade.
Poderiamos analizar o porque Galiza non racha con esta necesidade de protección paternalista,se o fixeramos cadraríannos moitos dos mitos outorgados a dedo a nosa terra,mitos que interesa manter por parte dun estado covarde, coa axuda dos traidores que foron e son, un estado que e sabedor que unha Galiza conhecedora da súa historia voltaria a ser un problema para manter unha unidade fiticia dunha nación inventada vai alá para cinco séculos.

segunda-feira, 11 de outubro de 2010

Panteismo


O panteísmo é unha doutrina filosófica segundo a cal o Universo, a natureza e Deus son equivalentes. A lei natural, a existencia e o universo (a suma de todo o que foi, é e será) represéntase por medio do concepto teolóxico de "Divos".
O panteísmo é a crenza de que o mundo e Deus son o mesmo, é máis unha crenza filosófica que relixiosa. Cada criatura é un aspecto ou unha manifestación de Deus, que é concibido como o actor divino que desempeña á vez os innumerables papeis de humanos, animais, plantas, estrelas e forzas da natureza.
O panteísmo é incompatible coa crenza nun Deus persoal, por iso é polo que para algúns sexa unha expresión do ateísmo.
Con todo tamén aporta un nexo de unión entre diferentes relixións, por exemplo hai pouca diferenza entre esta visión ou o que para os budistas "o un é o todo".


Velaquí a idea que me bombardea a cabeza cada día con mais forza,estou a matinar a maneira de expresar isto nunha serie de fotografías,bulen polas minhas neuronas imaxes que expresen a filosofía que case sen me decatar marca minha existencia dende neno.A relación coa natureza que vai mais lonxe da simple observación,
que se incrustan ma minha mirada con espírito propio,que son quen de me facer sentir sensacións únicas.
Eu non son a mesma persoa cando caminho por unha estrada de asfalto que cando os meus sentidos reciben o alimento da natureza mergulhado no espazo que ela domina.
Complicada tarefa a que tenho por diante,preciso soidade,esta minha relación esíxeme adicación plena,terei que aproveitar cada momento, cada segundo para me perder nestas cavilacións,doutro xeito non serei quen de avanzar.

quinta-feira, 7 de outubro de 2010

Correo o centro Galego no Perú

Chega a Galiza a nova de que dende o Centro Galego no Perú están en contra de que a lingua propia da Galiza,o galego,sexa excluída da súa utilización no senado do estado español,para o que envían dende dito centro correos invitando a participar nunha enquisa coa finalidade de "ayudar al español frente a los separatistas". Esta manipulación que fan vostedes dende un centro que leva o nome da Galiza, a mais de ser vergonhenta para calquera persoa que sinta orgulho de ser galego, e que o demostre respectando os nosos sinais de identidade, é unha falta a verdade e un canto a manipulación. Confunden e pretenden confundir vostedes identidade,cultura,lingua con política,a nosa lingua pertence a tódolos galegos e tódalas galegas independentemente das opción políticas que cada un tenha,vostedes son os que incorren intencionadamente nunha manipulación política e nun nacionalismo excluínte cando optan por adoutrinar a xente no seu auto-odio,vostedes practican o separatismo mais vulgar o tentar enterrar a nosa lingua e a nosa cultura debaixo dunha capa de desprestixio e complexos,como nos vellos tempos que algúns por feitos coma estes parecen querer negarse a superar. Se alguén e separatista por falar unha lingua que lhe deixaron en herdanza os seus devanceiros benvido sexa o separatismo,se alguén e separatista por respectar a cultura do seu pobo e non se avergonhar do que é,benvido sexa o separatismo,mais non, o separatismo está nas mentes retrogradas que foxen do que son por vergonha,que esquecen os seus devanceiros,xentes coma vostedes que pretenden ponher unha mascara para pasar polo que non son ,vostedes non son nin galegos nin outra cousa. Ninguén é mais traidor a si mesmo e os seus descendentes que o que renega do seu pasado.

sábado, 2 de outubro de 2010

Nacinalismo ou Independentismo?


As veces dou en teimar sobre dous termos que poden parecer o mesmo mais no fondo son ben diferentes:
Nacionalismo:
"O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.
O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría
romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.
O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e
homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación
sexa superior a outra, senon que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural."
Deste xeito atopamos a definición de nacionalismo na Galipedia

Do independentismo dinos estrouto:
"Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos.
A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta de Nación Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, se ben que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito. Aínda así, no século XX numerosas nacións europeas lograron a independencia sen se atoparen nesta situación, como é o caso de Noruega, as repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania ou Irlanda entre outras.
Na historia contemporánea, o independentismo amósase como a causa maioritaria de formación de estados novos, motivando que no século XX e xa no século XXI o número de estados soberanos non cesase de medrar."


Xa que logo vexo como diferenza mais notable o feito de que o independentismo non precisa propugnar valores que definan un territorio para consideralo unha nación,na propia definición vai implicito o reconhecemento de que o territorio onde se desenrola e xa unha nación.
Reconhecido que Galiza e unha nación o que os independentistas reclamamos e a liberación da mesma co dereito que temos a autodeterminación para que deste xeito a nosa cultura, lingua,a nosa propia identidade,a nosa economia etc.etc. poida desenrolarse en favor do noso povo.E todo isto sen precisar ningun paso intermedio.

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Atopareite no universo da minha memoria.




E hora de mergulharme no blogue,despois dun tempo afastado del por mor de circunstancias ben pouco desexables que me ocuparon, e aínda andan a me ocupar as palabras, as ideas e o meu tempo enteiro,mais tenho de por mans a obra e botarme pra diante.
Quero, porque o necesito, adicar esta entrada a persoa que me afastou do meu mundo para me ocupar das súas derradeiras miradas;das súas derradeiras palabras;........

Na memoria da minha irmán, que fica aquí, na minha memoria.



-Atopareite no universo da minha memoria,colhidos da man polas rúas da nosa infancia.
-Atopareite, naquela noitinha caminho de algures, mentres
a minha curiosidade de neno preguntaba o que ti,(nena tamén)non podías responder.

-Atopareite, cando agardaba que voltarás da escola,alí tras da cocinha,
esperando que lembraras traer aqueles gharabulhos de pan que tanto gostaba deles.

-Atopareite en calquera recuncho da miña memoria cando nos pertencía o tempo.

-Esquecerei que non estás,aínda que mo lembre a túa ausencia,
aínda que o silenzo non me deixe escoitar a túa voz, esquecerei que me faltas,
aínda que a luz non ilumine a túa presenza,esquecerei que te fuches.


-E cando te precise, buscareite nese tempo no que aínda ficas comigo,
nese tempo infinito que ningunha morte e quen de nos roubar,
buscareite no tempo que nos pertence, só a ti e a min,
cando colhidos da man percorriamos as rúas da nosa infancia.