sábado, 12 de fevereiro de 2011

Son de Poetas

Velaquí un blogue para ter coma referencia:
http://sondepoetas.blogspot.com/

domingo, 6 de fevereiro de 2011

Pintura e Musica

Arte en estado puro,velaquí un video coa obra de Laxeiro acompanhado por unha impresionante musica,bo para recurir a el da cando en vez:
http://www.youtube.com/watch?v=bZr-ZM5rnmA

sexta-feira, 4 de fevereiro de 2011

Erguete e Pensa

Inmenso discurso de Anguita,"Erguete e Pensa" ben vale coma titulo que para este discurso que Ergue u verdadeiro discurso de esquerda,un discurso antisistema en contraposicion o discurso oficial e actual "Relaxate, xa che decimos nós o que tes que pensar".Discurso do ano 99,e que?,todo foi a pior dende aquelas,e seguimos empeorando:
http://www.blip.tv/file/4708325

sexta-feira, 28 de janeiro de 2011

Maanifestación 27 X Vigo

Velaquí o video da manifestación de onte,xente a esgalha en Vigo,ficou ben claro que o nacionalismo está vivo e co ganas de litar:

http://www.facebook.com/home.php#!/video/video.php?v=183844344981381&comments

A seguir engado o video da CIG:

http://www.youtube.com/watch?v=Rn0pVTp5KHY

segunda-feira, 24 de janeiro de 2011

O 27 acercase

O 27 está perto,imos aló contra o roubo dos nosos dereitos
http://www.youtube.com/watch?v=Jz7f4IoG26w&feature=player_embedded#!

sexta-feira, 21 de janeiro de 2011

Novas sobre o premio




Despois da entrega do premio hoxe mergulhome nos xornais buscando a nova,atopoa no Faro de Vigo con foto e entrevista e no Atlantico Diario tamen con foto esta vez de grupo e entrevista,por suposto a pesares de eu lhes exixir con amabilidade que as minhas palabras aparecese en galego debeu de ser no nome da sua liberdade que non me fixeron nin caso,o castelán aparece relucente mentres o galego tan só se dignaron a ponhelo no meu nome,na Voz de galicia ni sequera o nome respectarón,LIBETAZ,LIBERTAZ como berran alguns mais iso parece qe só e para eles,para min o que acontece e o seguinte:
O concepto de liberdade remata cando alguén nunha privilexiada posición de toma de decisións decide como eu tenho que falar,e iso a pesares da minha exixencia precisa a manter as minhas palabras tal cal eu as pronuncei,a partires de aí a minha liberdade fica nas mans desa persoa que fai con ela o que lhe peta.

quinta-feira, 20 de janeiro de 2011

Reconquista 2011


Hoxe foi a presentación da festa da reconquista do 2011,presentouse o cartaz ganhador que este ano tiven a honra de ser o autor xunto presentaronse tamán os dous accesit.A parte do premio que recibin do Tenente de Alcalde Santi Dominguez,faime moita ilusión que unha obra minha decore as rúas desta cidade na que me sinto tan contento,levaráno a Fitur a feira de turismo polo que o meu orgulho medra acotio.

Explicovos un pouco a idea do cartaz:
O Vigo de fai 200 anos representado na porta da Gamboa,o Vigo actual dentro da silueta da Liberdade por medio de diferentes simbolos:
-O Traballo,representado pola escultura o traballo
-A Cultura e o saber,representado por medio dos edificios da universidade de Vigo.
-A Emigracion,representada pola escultura da praza de America
-A Cidade que se ve representada pola escultura do Bicentenario
-E a Lingua e a identidade que ven representada pola cantiga de Martín Codax a que tamén fai referencia o mar de Vigo.
-A loita, que se representa por medio da silueta da Liberdade nunha man o fusil e na outra a bandeira da cidade e os loitadores que enarbolan a bandeira galega.
-A liberdade e a que acubilla no seu interior toda a prosperidade desta cidade.
Ninguen nos regala nada,todo o que conseguimos, parte da nosa loita,como daquela,cando os vigueses e viguesas loitaron polo que considerarón xusto, hoxe todos nós temos outros retos polos que loitar e outras parcelas que reconquistar,contraponho xa que logo a sociedade daquela epoca loitadora contra a destes dias adorminhada e narcotizada diante dos expolios que se están levando a cabo.

O Galego no Senado

O pasado 18 de Xaneiro de 2011 tivo lugar no senado un feito que poderiamos considerar historico,por vez primeira utilizaronse as catro linguas oficiais do estado nunha sesion de esta
camara.
O Catalan o Euskaro e o Galego ademais do Castelan, que vinha sendo ate o de agora
a unica lingua con capacidade de ser utlizada en tódolos ambitos estatais,serviron para defender os intereses dos seus correspondentes territoros.
Mais esta nova realidade atopou enfronte a resistencia dos partidos mais centralistas co PP a cabeza das protestas;Os ecos que chegan dende estas posicions abertamente hostis o uso das linguas oficiais que non sexan o Castelan retumban nas cabezas dos cidadans en forma de despilfarro, de decisions absurdas e de que as linguas estan para se entender e non para crear problemas(Rajoy dixit).
Neste día que por primeira vez usou a nosa lingua foi unha senadora vasca,Miren Leanizbarrutia do PNV,e foi ela porque a senadora do PP por Galiza María Jesús Sáinz negouse a epregar a lingua propria da nosa terra,seica que ama a nosa lingua seica que ama a súa terra e seica está orgulhosa de ser galega e tamen da nosa lingua,mais todo esto non lhe abondou para ser a primeira persoa que tivese a honra de facer visibel a lingua galega nun acto tan especial,que amor tan extranho o que
se oculta, será logo un amor acomplexado? orgulho mais, oh!! casualidade, a seguinte senadora tamen do PP María Dolores Pan padece do mesmo amor e orgulho pola sua terra,ela tamen ama desta maneira tan singular a Galiza e a súa lingua,ten que ser
duro ocultar tanto amor,compadezoas.
Tivo que esperar xa que logo a nosa lingua a que alguen que ama e sinte orgulho pola súa terra pola sua cultura e o seu idioma e de vez estivese inmunizado contra este virus galaico de tanto amor invisibel para darlle a oportunidade a lingua de se mostrar sen tapuxos é, agora si, con orgulho diante de todos os alí presentes.
Como dicia mais arriba o demagoxico recurso o malgasto non deixa de ser chamativo cando sempre ten o mesmo fin,actuar contra os intereses das culturas e dos povos que non sexan o Castelán.Calquera sen parar a pensar moito poderia indicarlhe a estes aforradores compulsivos moitas outras actuacións onde é posibel aforrar unha manchea de euros,desfiles militares de orgulho patrio,estes sí ben visibel,celebracións de vitorias deportivas onde o que menos importa e o custo as arcas publicas e o que mais importa e demostrar outravolta o orgulho de pertenza a unha determinada
nacion,etc etc.mais, cando do que se trata e de promocionar e darlhe prestixio as nosas linguas, ocultas e desprestixiadas durante tanto tempo para a sociedade,esa sociedade a que se obrigou por mor deste ocultamento e desprestixio a ver as suas linguas coma meros idiomas folcloricos sen mais valor co de comunicarse na casa e no ambito mais proximo mais invalidas para todo aquelo que estivese nun nivel superior social,politica e economicamente,e enton cando doen os cartos cando se despilfarra cando se lhe po valor economico as cousas.Preguntome canto é o valor da cultura,preguntome tamén se tódalas culturas tenhen o mesmo valor,e respondome a min mesmo que si,todas tenehn o mesmo valor polo que todas e non unha soa tenhen os mesmos dereitos custe o que custe,porque o valor dos gastos non se mide so e cantidade tamen se mide en rendabilidade e sen dubida a recuperacion do prestixio das nosas identidades e rendible non só para nós senon tamén para a humanidade.

sábado, 15 de janeiro de 2011

27-X Folga Xeral


O vindeiro 27 de Xaneiro a CIG convoca xornada de folga xeral,convocatoria provocada pola politica neoliberal que un goberno que se apoia nunhas siglas que incorporan as palabras "Socialista e Obreiro"está a levar a cabo.
Politicas lesivas para os intereses das trabalhadoras e trabalhadores tanto no eido laboral coma no ambito social,politicas que van directamente encaminhadas a precarización das pensións e a súa privatización nun futuro.
Diante desta tesitura os sindicatos estatais sentan nunha mesa de dialogo cos empresarios e o proprio goberno,dialogo que ben marcado polas diretrices gubernamentais,sexa cal sexa o acordo e irrenunciable o aplazamento das pensións de 65 a 67 anos,xa que logo que temos que ganhar as e os trabalhadores?.
Vivimos tempos de ataques directos os dereitos alcanzados pola clase trabalhadora,ataques comandados polo capital avido de continuar enchendo os seus petos ainda a costa de nos furtar eses dereitos conquistados con dor e sangue.
Na Galiza a clase trabalhadora non depende de sindicatos mornos,a CIG,CUT representan na nosa nación unha outra maneira de enfrotarse contra a manipulación dos poderes instalados,e por iso non agardan por ninguen nin se someten a negociacións pantasmas que non pretenden mais que xustificar a inxustiza.
Non faltaremos a cita o 27,outravolta encheremos rúas de exixencias e de razóns,nin nos enganan nin nos deixamos enganar.

Vou completar esta entrada con unha música que lhe resulta ben acaida a estes momentos que vivimos,ainda que é un tema de aló polo ano 78 segue sendo tan actual coma daquela:

quinta-feira, 13 de janeiro de 2011

Premio

Onte comunicaronme que ganhara o primeiro premio no concurso de cartazas para a vindeira edición da festa da Reconquista,unha inmensa alegria polo orgulho que significa ver un desenho meu adornando as rúas de Vigo,no lhe fago noxo o premio economico 800€ que dan para pasar uns bos días de festa.
Cando sexa presentado subirei aqui o desenho.