segunda-feira, 11 de outubro de 2010

Panteismo


O panteísmo é unha doutrina filosófica segundo a cal o Universo, a natureza e Deus son equivalentes. A lei natural, a existencia e o universo (a suma de todo o que foi, é e será) represéntase por medio do concepto teolóxico de "Divos".
O panteísmo é a crenza de que o mundo e Deus son o mesmo, é máis unha crenza filosófica que relixiosa. Cada criatura é un aspecto ou unha manifestación de Deus, que é concibido como o actor divino que desempeña á vez os innumerables papeis de humanos, animais, plantas, estrelas e forzas da natureza.
O panteísmo é incompatible coa crenza nun Deus persoal, por iso é polo que para algúns sexa unha expresión do ateísmo.
Con todo tamén aporta un nexo de unión entre diferentes relixións, por exemplo hai pouca diferenza entre esta visión ou o que para os budistas "o un é o todo".


Velaquí a idea que me bombardea a cabeza cada día con mais forza,estou a matinar a maneira de expresar isto nunha serie de fotografías,bulen polas minhas neuronas imaxes que expresen a filosofía que case sen me decatar marca minha existencia dende neno.A relación coa natureza que vai mais lonxe da simple observación,
que se incrustan ma minha mirada con espírito propio,que son quen de me facer sentir sensacións únicas.
Eu non son a mesma persoa cando caminho por unha estrada de asfalto que cando os meus sentidos reciben o alimento da natureza mergulhado no espazo que ela domina.
Complicada tarefa a que tenho por diante,preciso soidade,esta minha relación esíxeme adicación plena,terei que aproveitar cada momento, cada segundo para me perder nestas cavilacións,doutro xeito non serei quen de avanzar.

quinta-feira, 7 de outubro de 2010

Correo o centro Galego no Perú

Chega a Galiza a nova de que dende o Centro Galego no Perú están en contra de que a lingua propia da Galiza,o galego,sexa excluída da súa utilización no senado do estado español,para o que envían dende dito centro correos invitando a participar nunha enquisa coa finalidade de "ayudar al español frente a los separatistas". Esta manipulación que fan vostedes dende un centro que leva o nome da Galiza, a mais de ser vergonhenta para calquera persoa que sinta orgulho de ser galego, e que o demostre respectando os nosos sinais de identidade, é unha falta a verdade e un canto a manipulación. Confunden e pretenden confundir vostedes identidade,cultura,lingua con política,a nosa lingua pertence a tódolos galegos e tódalas galegas independentemente das opción políticas que cada un tenha,vostedes son os que incorren intencionadamente nunha manipulación política e nun nacionalismo excluínte cando optan por adoutrinar a xente no seu auto-odio,vostedes practican o separatismo mais vulgar o tentar enterrar a nosa lingua e a nosa cultura debaixo dunha capa de desprestixio e complexos,como nos vellos tempos que algúns por feitos coma estes parecen querer negarse a superar. Se alguén e separatista por falar unha lingua que lhe deixaron en herdanza os seus devanceiros benvido sexa o separatismo,se alguén e separatista por respectar a cultura do seu pobo e non se avergonhar do que é,benvido sexa o separatismo,mais non, o separatismo está nas mentes retrogradas que foxen do que son por vergonha,que esquecen os seus devanceiros,xentes coma vostedes que pretenden ponher unha mascara para pasar polo que non son ,vostedes non son nin galegos nin outra cousa. Ninguén é mais traidor a si mesmo e os seus descendentes que o que renega do seu pasado.

sábado, 2 de outubro de 2010

Nacinalismo ou Independentismo?


As veces dou en teimar sobre dous termos que poden parecer o mesmo mais no fondo son ben diferentes:
Nacionalismo:
"O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.
O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría
romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.
O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e
homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación
sexa superior a outra, senon que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural."
Deste xeito atopamos a definición de nacionalismo na Galipedia

Do independentismo dinos estrouto:
"Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos.
A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta de Nación Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, se ben que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito. Aínda así, no século XX numerosas nacións europeas lograron a independencia sen se atoparen nesta situación, como é o caso de Noruega, as repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania ou Irlanda entre outras.
Na historia contemporánea, o independentismo amósase como a causa maioritaria de formación de estados novos, motivando que no século XX e xa no século XXI o número de estados soberanos non cesase de medrar."


Xa que logo vexo como diferenza mais notable o feito de que o independentismo non precisa propugnar valores que definan un territorio para consideralo unha nación,na propia definición vai implicito o reconhecemento de que o territorio onde se desenrola e xa unha nación.
Reconhecido que Galiza e unha nación o que os independentistas reclamamos e a liberación da mesma co dereito que temos a autodeterminación para que deste xeito a nosa cultura, lingua,a nosa propia identidade,a nosa economia etc.etc. poida desenrolarse en favor do noso povo.E todo isto sen precisar ningun paso intermedio.

sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Atopareite no universo da minha memoria.




E hora de mergulharme no blogue,despois dun tempo afastado del por mor de circunstancias ben pouco desexables que me ocuparon, e aínda andan a me ocupar as palabras, as ideas e o meu tempo enteiro,mais tenho de por mans a obra e botarme pra diante.
Quero, porque o necesito, adicar esta entrada a persoa que me afastou do meu mundo para me ocupar das súas derradeiras miradas;das súas derradeiras palabras;........

Na memoria da minha irmán, que fica aquí, na minha memoria.



-Atopareite no universo da minha memoria,colhidos da man polas rúas da nosa infancia.
-Atopareite, naquela noitinha caminho de algures, mentres
a minha curiosidade de neno preguntaba o que ti,(nena tamén)non podías responder.

-Atopareite, cando agardaba que voltarás da escola,alí tras da cocinha,
esperando que lembraras traer aqueles gharabulhos de pan que tanto gostaba deles.

-Atopareite en calquera recuncho da miña memoria cando nos pertencía o tempo.

-Esquecerei que non estás,aínda que mo lembre a túa ausencia,
aínda que o silenzo non me deixe escoitar a túa voz, esquecerei que me faltas,
aínda que a luz non ilumine a túa presenza,esquecerei que te fuches.


-E cando te precise, buscareite nese tempo no que aínda ficas comigo,
nese tempo infinito que ningunha morte e quen de nos roubar,
buscareite no tempo que nos pertence, só a ti e a min,
cando colhidos da man percorriamos as rúas da nosa infancia.

domingo, 26 de setembro de 2010

Seica andas por aqui Juanjo


Seica andas por aquí Juanjo,daquela voute sorprender, que che parece se che adico unha fotografía, venha velaí como benvida o meu humilde blogue.
A foto tituloa Mascaras,espero que gostes dela.

Unha aperta

quinta-feira, 12 de agosto de 2010

E hora de se mollar pola Lingua


Galiza está nun momento clave de autoafirmación ou de desaparición como pobo.E esta unha responsabilidade que nos corresponde a nós, as galegas e os galegos os que nos tocou vivir nesta terra e neste tempo.A lingua e un dos símbolo que mais nos representa coma pobo,calquera, sexa galego ou non, saberá que nós somos galegas e galegos tan so con nos oír falar na nosa lingua.E como todos sabemos un momento moi delicado para a nosa lingua polos ataques que ben recibindo de quen debería, aínda que só fora por obriga estatutaria, defendela.
Nós como sociedade podemos actuar diante deste panorama,podemos colaborar en moitas e variadas actividades de loita e apoio as organizacións que coma tal se teñen creado
para defendernos da violencia do poder contra a nosa lingua, contra o noso pobo.
Mais hoxe o que desexo considerar e a actitude que cada un de nós de forma individual pode adoptar nesta loita.
Pode parecer que o que un faga a xeito individual non ten maior importancia, mais non é así,se cada un levamos connosco a defensa da nosa lingua, se procuramos darlle vida a nosa lingua na nosa vida diaria estaremos inxectando valor o idioma,e non só para nós mesmos senón tamén para os que nos escoiten,velaí unha maneira ben sinxela de loitar pola lingua. Se cada un de nós e quen, de maneira natural, de atraer xente que por calquera razón non se sintan implicados na defensa do idioma a que vexan o significado da defensa da nosa dignidade,daquela calculade a inmensa capacidade que temos.
E sinxelo se un comprende o verdadeiro valor dunha cultura defendela diante de quen sexa porque esta defensa nunca significa a obriga nin a imposición(como falsamente din aqueles que nos queren desacreditar)senón todo o contrario a liberdade de sermos quen de continuar construíndo unha cultura e un idioma milenario que os nosos antecesores crearon en consonancia coa terra na que viviron.
Deixar morrer unha lingua e un crime contra a humanidade,coa morte da lingua vanse moitas mais cousas,vaise unha cultura única vaise unha maneira de expresar e de entender o mundo, o universo, vaise un pobo.
Ninguén o pode facer por nós, somos os únicos responsables de que a morte de Galiza se produza, mais tamén somos os únicos responsables de que Galiza poida avanzar a beira dos outros pobos ofrecéndolle a humanidade a nosa particular maneira de ser universais.
Decidámonos polo Galego, e de lei cos nosos antepasados e connosco, mais tamén cos nosos fillos e cos fillos dos nosos fillos,e de lei co futuro da Galiza.

sábado, 7 de agosto de 2010

Benvido Piteira


Quero darche a benvida Piteira a este espazo persoal onde vou deixando reflexións sobre os acontecementos que me parecen importantes na minha vida.
Este tempo ocúpao mais ca nada o debate político envorcado como estou na defensa da
identidade nacional galega,envorcado polos continuos ataques que ben recibindo por parte duns gobernantes vendidos o poder central,duns "señoritos de toda la vida"que desprezan canto lhes lembra que son galegos,o auto odio que leva a esta terra a perda da súa identidade,

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/

Procurarei ir engadindo tamén outras cousas das que me sinto orgulhoso,espalhar por
este espazo tan etéreo o que un pensa sinte e fai, ou fixo noutro tempo, resulta gratificante polo que ten de comunicativo e de compartir con outras persoas as que lhes tocou acompanharme no tempo que está canda min.
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/

Engado coma agasalho de benvida unha imaxe ben galega,un deses horreos que nos seus diversos estilos nos acompañan nas nosas viaxes pola terra.

Unha aperta.