sábado, 24 de julho de 2010

25 de Xullo día da Patria Galega

Hoxe 25 de Xullo día da Patria Galega,tódolos galegos e galegas orgullosos de nos e da nosa terra camiñaremos outavolta polas rúas de Compostela reclamando dignidade e respecto para a nosa nazón,nestes tempos que alguns pretenden converter nos seculos escuros non imos deixar a nosa loita e precisamente eses ataques brutais a nosa identidade darannos mais forza para continuar avante con ela.
Colo aquí unha miña opinión a respecto dun artigo no Xornal do nefasto presidente da Xunta co gallo desta celebración:

Orgullo de sermos galegos, velaí a súa carencia;Galiza somos as xentes que amamos a lingua e a cultura galegas,os que reclamamos con voz ben alta que a lingua propia da nosa nazón recupere o lugar que lle corresponde como o mais grande símbolo que nos identifica como galeg@s,vostede non ten orgullo de ser galego cando para chegar a ser o presidente da Xunta non reparou en utilizar a mentira para desprestixiar a nosa lingua,vostede non ten orgullo de ser galego cando sendo presidente da Xunta e en contra da maioría de asociacións, partidos políticos, sindicatos RAG o CCG etc etc, leva a diante unha política educativa que rebaixa por primeira vez dende que temos autonomía a obriga de ir incrementando o ensino da nosa lingua aínda sabendo da situación de inferioridade na que se atopa con respecto a outra lingua oficial,vostede minte cando
fala do orgullo de ser galego.
Non bote man das Irmandades, non bote man de Castelao deixe de utilizar a demagoxia e os simbolos da Galiza para exterminar a cultura da nosa terra,se lle queda tan sequera unha neurona de "galeguismo aberto e cordial" mírese cara os adentros e cavile no mal que lle está a facer a esta terra.
Vostede ofrécelle a Galiza desprestixio e indignidade cando a ofrece a cambio de poder mais aló das nosas fronteiras,vostede ofrécelle a Galiza menos recursos, menos poder de decisión cando non e quen de lle dar o estatus que merece por non lle chamar e non a considerar o que sempre foi, unha nazón,e fala de galeguismo?
Vostede róuballe os cidadáns da Galiza as capacidades que se teñen conseguido ate a súa chegada para llelos ofrecer os seus oportunistas amigos,vostede esquilma o territorio a cambio de ter contentos a uns cantos poderosos.
E vostede o peor presidente que ten Galiza dende o inicio desta etapa autonómica,ten vostede un goberno que actúa en contra dos intereses comúns da nosa Nazón,a súa etapa como presidente da Xunta está dirixida pola demagoxia e os intereses espurios.
Desperta Galiza non ten deixe manipular por quen te utiliza tan so para te entregar coma botín nas mans dos teus inimigos de sempre, eses do que este señor e digno herdeiro.
Viva Galiza

domingo, 4 de julho de 2010

España se rompe

Teiman en construír unha nación,levan moitos séculos nesa teima,unha nación a súa medida,unha cultura e unha lingua baseada en exclusiva nos seus delirios,mais construír destruíndo. Son 500 anos de doma:http://es.wikipedia.org/wiki/Reyes_Cat%C3%B3licose seguen negando as nacións no nome do progreso e da globalización.Fabricaron unha lingua "común" e para manter esta lingua deberemos aceptar que as nosas linguas nacionais sexan tan só meros "dialectos folclóricos" Esquecen a nosa cultura as nosas tradicións,chega ben co que eles denominan cultura nacional,festa nacional, onde seica cabemos tod@s,unha música acompañada de bailes nos que nos identificamos os galegos e galegas dando palmas e facendo brincar os volantes que adornan os vestidos alunarados;ou nesas prazas onde os touros bufan coma única saída o festival sanguinario no que os obrigan a participar.Estas son as nosas tradicións, de obrigado cumprimento para nos considerar dignos de estar no mundo da man protectora de tan ilustre compaña. A nosa música os nosos divertimentos autóctonos non merecen a categoría. Esquecen a nosa relación coa terra, co mar,trasládannos a súa modernidade destrutora de espazos naturais, porque seica nos beneficia que eles teñan onde amarrar os seus iates, e nos a oportunidade de servilos.Seica o noso futuro está en aproveitar eses espazos únicos para producir;produtos que etiquetarán na lingua común e que renderan contas de resultados na capital da Grande Nación.Mais nos,equivocamos-nos se seguimos ca teima de aproveitar a riqueza que o mar foi quen de crear nas nosas rias,e un beneficio cativo comparado co que eles nos propoñen. Levan moitos anos loitando polo noso beneficio, mais nos somos testáns e non queremos entender que a súa proposta e a mais racional,e aínda o que e mais importante,é a única que teñen. Non estaria mal votarlle unha migalla de humor a tanta barbaridade e reclamar un pouco mais de sentidiño.http://www.youtube.com/watch?v=RVYDNw8l-Wc&feature=related Desculpar o atrevemento,mais estou preocupado porque "España se rompe como nos lembra Rajoy e confirma Zequiel.

sexta-feira, 25 de junho de 2010

A lingua,algo mais que palabras

As veces se un non analiza con un pouco de precisión e afondando nos temas e tan só queda na superficie das cousas, podemos oír que tanto ten falar unha lingua ou outra se o final a lingua tan só vale para se entender uns cos outros,con este razoamento e fácil pasar o seguinte:logo e mais interesante falar unha lingua que teña un maior numero de usuarios.
Pois esta é a superficie do tema, mais profundemos un pouco e veremos que a lingua propia e a que nos identifica coma pobo e só cando sintamos que somos un pobo teremos poder para esixir que nos traten con respecto,
respecto necesario para avanzar cara un futuro de calidade en tódolos sentidos,se no canto de avanzar deste xeito o facemos abandonado a nosa identidade o que seremos nese futuro e escravos de quen foi capaz de nos roubar a identidade,serémolo nos e mais o noso territorio:
Explícao moi ben Fermín Bouza nesta ligazón:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/modernizacion/elpepiautgal/20100625elpgal_10/Tes/
Saúdos

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Non puído ser


Non puído ser,o final o premio foi para outro,non pasa ren, teño un ano para preparar o próximo concurso as cousas non sempre son coma a un lle gustaría.
De tódolos xeitos trouxen un diploma para casa por estar entre os corenta e sete seleccionados de trescentos e pico,non está mal.
O Tenente de Alcalde e responsable de cascos históricos díxonos no acto de entrega de premios que o concello vai editar un libro coas 47 fotografías seleccionadas,isto tamén e unha boa noticia.
Engado a foto que me seleccionaron,manteño a ilusión e as gañas de continuar participando noutras ocasións. Engado unha ligazón onde aparecen as 47 fotos seleccionadas:

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Galiza Neofalante

Deixo hoxe unha ligazón a un artigo en Vieiros de Marcos Abalde, e deixo esta ligazón porque trata un tema referente a lingua que me parece fundamental,os neofalantes.
Despois de séculos de castelanización da Galiza atopámosnos agora nun tempo en que xa non só abonda cos falantes os que nos veu en herdanza a lingua, e preciso que a xente que náceo nun ambiente castelanfalante tome a iniciativa de atoparse coa lingua que lle foi negada e que é a lingua propria da terra onde ela ou el naceron.
http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1231/por-unha-galiza-neofalante
Que vos aproveite

domingo, 6 de junho de 2010

Chamanlle xornalismo a calquera cousa.

Vou colgar un vídeo arrepiante dunha cadea que está a espallar a bandeira do fascismo polas ondas e que se está a coar nas pantallas dos televisores de moitas casas,practicando un "periodismo" demagóxico,utilizando de xeito arbitrario a crise actual para conque-rir adeptos a unha causa que xa coñecemos,coñecémola causa e coñecemos os resultados que trouxo consigo,mais moitas veces esquecemos que o que pasou foi real e non unha película no cinema que te entretén, e se non levantas da butaca e vas fora.
http://www.publico.es/televisionygente/318015/gato/agua/intereconomia/insultosconsellera
Verdade que é arrepiante,pois mais arrepia que esta sexa a cadea de referencia do noso presidentiño a onde acude a dar explicacións da politica de destrución que está a aplicar sobre o noso pais.
Este é o nivel intelectual que alcanza xente coma o Feijóo, e que sexa presidente, ten delito.

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Finalista no Concurso Fotográfico

Acabo de recibir un correo-e onde me comunican que son un dos 39 finalistas do concurso fotográfico Vigo Vello,convidan-me para estar o día 11 deste mes na entrega dos premios e diplomas e será nese momento cando se de a coñecer os gañadores,sigo entón con posibilidades e alégrome non só polo premio que sempre ven ben tamén ou aínda mais polo recoñecemento que supón que algo que fas na túa intimidade e coa túa visión das cousas sexa recoñecido polos demais e lle transmita algo a persoas alleas a min.
Alegróuseme a tarde.