sexta-feira, 25 de junho de 2010

A lingua,algo mais que palabras

As veces se un non analiza con un pouco de precisión e afondando nos temas e tan só queda na superficie das cousas, podemos oír que tanto ten falar unha lingua ou outra se o final a lingua tan só vale para se entender uns cos outros,con este razoamento e fácil pasar o seguinte:logo e mais interesante falar unha lingua que teña un maior numero de usuarios.
Pois esta é a superficie do tema, mais profundemos un pouco e veremos que a lingua propia e a que nos identifica coma pobo e só cando sintamos que somos un pobo teremos poder para esixir que nos traten con respecto,
respecto necesario para avanzar cara un futuro de calidade en tódolos sentidos,se no canto de avanzar deste xeito o facemos abandonado a nosa identidade o que seremos nese futuro e escravos de quen foi capaz de nos roubar a identidade,serémolo nos e mais o noso territorio:
Explícao moi ben Fermín Bouza nesta ligazón:
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/modernizacion/elpepiautgal/20100625elpgal_10/Tes/
Saúdos

sexta-feira, 11 de junho de 2010

Non puído ser


Non puído ser,o final o premio foi para outro,non pasa ren, teño un ano para preparar o próximo concurso as cousas non sempre son coma a un lle gustaría.
De tódolos xeitos trouxen un diploma para casa por estar entre os corenta e sete seleccionados de trescentos e pico,non está mal.
O Tenente de Alcalde e responsable de cascos históricos díxonos no acto de entrega de premios que o concello vai editar un libro coas 47 fotografías seleccionadas,isto tamén e unha boa noticia.
Engado a foto que me seleccionaron,manteño a ilusión e as gañas de continuar participando noutras ocasións. Engado unha ligazón onde aparecen as 47 fotos seleccionadas:

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Galiza Neofalante

Deixo hoxe unha ligazón a un artigo en Vieiros de Marcos Abalde, e deixo esta ligazón porque trata un tema referente a lingua que me parece fundamental,os neofalantes.
Despois de séculos de castelanización da Galiza atopámosnos agora nun tempo en que xa non só abonda cos falantes os que nos veu en herdanza a lingua, e preciso que a xente que náceo nun ambiente castelanfalante tome a iniciativa de atoparse coa lingua que lle foi negada e que é a lingua propria da terra onde ela ou el naceron.
http://www.vieiros.com/columnas/opinion/1231/por-unha-galiza-neofalante
Que vos aproveite

domingo, 6 de junho de 2010

Chamanlle xornalismo a calquera cousa.

Vou colgar un vídeo arrepiante dunha cadea que está a espallar a bandeira do fascismo polas ondas e que se está a coar nas pantallas dos televisores de moitas casas,practicando un "periodismo" demagóxico,utilizando de xeito arbitrario a crise actual para conque-rir adeptos a unha causa que xa coñecemos,coñecémola causa e coñecemos os resultados que trouxo consigo,mais moitas veces esquecemos que o que pasou foi real e non unha película no cinema que te entretén, e se non levantas da butaca e vas fora.
http://www.publico.es/televisionygente/318015/gato/agua/intereconomia/insultosconsellera
Verdade que é arrepiante,pois mais arrepia que esta sexa a cadea de referencia do noso presidentiño a onde acude a dar explicacións da politica de destrución que está a aplicar sobre o noso pais.
Este é o nivel intelectual que alcanza xente coma o Feijóo, e que sexa presidente, ten delito.

sexta-feira, 4 de junho de 2010

Finalista no Concurso Fotográfico

Acabo de recibir un correo-e onde me comunican que son un dos 39 finalistas do concurso fotográfico Vigo Vello,convidan-me para estar o día 11 deste mes na entrega dos premios e diplomas e será nese momento cando se de a coñecer os gañadores,sigo entón con posibilidades e alégrome non só polo premio que sempre ven ben tamén ou aínda mais polo recoñecemento que supón que algo que fas na túa intimidade e coa túa visión das cousas sexa recoñecido polos demais e lle transmita algo a persoas alleas a min.
Alegróuseme a tarde.

quarta-feira, 2 de junho de 2010

Manifestación día das letras

Deixo hoxe un Video da manifestación do pasado 17 de Maio,o video ten a calidade que permite gravalo dende dentro da propria manifestación mais ten o valor da testemuña en primeira persoa.Ateigamos Compostela unha morea de xente, percorremos as rúas reclamando o dereito que temos a vivirmos coma galegos, na nosa lingua, nestes tempos de ataques dende os que deberian protexer por mandato do estatuto a lingua propria do pais.

Estivemos e estaremos tódalas veces que sexa preciso,pola nosa lingua nin un paso atras.

terça-feira, 1 de junho de 2010

Bicentenario da Reconquista


O ano pasado 2009 celebrouse o Bicentenario da Reconquista da Vila de Vigo,daquela presentei un deseño para o cartaz anunciador da festa,deronlle a este desño un acesit,premio que aparte de me facer unha grande ilusión veume estupendo para desfrutar da festa,abofé que as desfrutei.