sexta-feira, 11 de junho de 2010

Non puído ser


Non puído ser,o final o premio foi para outro,non pasa ren, teño un ano para preparar o próximo concurso as cousas non sempre son coma a un lle gustaría.
De tódolos xeitos trouxen un diploma para casa por estar entre os corenta e sete seleccionados de trescentos e pico,non está mal.
O Tenente de Alcalde e responsable de cascos históricos díxonos no acto de entrega de premios que o concello vai editar un libro coas 47 fotografías seleccionadas,isto tamén e unha boa noticia.
Engado a foto que me seleccionaron,manteño a ilusión e as gañas de continuar participando noutras ocasións. Engado unha ligazón onde aparecen as 47 fotos seleccionadas:

1 comentário:

  1. Non foi pero po ano dedicarás máis tempo a fotografar o casco vello que este ano foi todo a correr, para mín a millor foi a tua: a constitución, sen dúbida. Biquiños

    ResponderEliminar