domingo, 4 de julho de 2010

España se rompe

Teiman en construír unha nación,levan moitos séculos nesa teima,unha nación a súa medida,unha cultura e unha lingua baseada en exclusiva nos seus delirios,mais construír destruíndo. Son 500 anos de doma:http://es.wikipedia.org/wiki/Reyes_Cat%C3%B3licose seguen negando as nacións no nome do progreso e da globalización.Fabricaron unha lingua "común" e para manter esta lingua deberemos aceptar que as nosas linguas nacionais sexan tan só meros "dialectos folclóricos" Esquecen a nosa cultura as nosas tradicións,chega ben co que eles denominan cultura nacional,festa nacional, onde seica cabemos tod@s,unha música acompañada de bailes nos que nos identificamos os galegos e galegas dando palmas e facendo brincar os volantes que adornan os vestidos alunarados;ou nesas prazas onde os touros bufan coma única saída o festival sanguinario no que os obrigan a participar.Estas son as nosas tradicións, de obrigado cumprimento para nos considerar dignos de estar no mundo da man protectora de tan ilustre compaña. A nosa música os nosos divertimentos autóctonos non merecen a categoría. Esquecen a nosa relación coa terra, co mar,trasládannos a súa modernidade destrutora de espazos naturais, porque seica nos beneficia que eles teñan onde amarrar os seus iates, e nos a oportunidade de servilos.Seica o noso futuro está en aproveitar eses espazos únicos para producir;produtos que etiquetarán na lingua común e que renderan contas de resultados na capital da Grande Nación.Mais nos,equivocamos-nos se seguimos ca teima de aproveitar a riqueza que o mar foi quen de crear nas nosas rias,e un beneficio cativo comparado co que eles nos propoñen. Levan moitos anos loitando polo noso beneficio, mais nos somos testáns e non queremos entender que a súa proposta e a mais racional,e aínda o que e mais importante,é a única que teñen. Non estaria mal votarlle unha migalla de humor a tanta barbaridade e reclamar un pouco mais de sentidiño.http://www.youtube.com/watch?v=RVYDNw8l-Wc&feature=related Desculpar o atrevemento,mais estou preocupado porque "España se rompe como nos lembra Rajoy e confirma Zequiel.

Sem comentários:

Enviar um comentário