segunda-feira, 11 de outubro de 2010

Panteismo


O panteísmo é unha doutrina filosófica segundo a cal o Universo, a natureza e Deus son equivalentes. A lei natural, a existencia e o universo (a suma de todo o que foi, é e será) represéntase por medio do concepto teolóxico de "Divos".
O panteísmo é a crenza de que o mundo e Deus son o mesmo, é máis unha crenza filosófica que relixiosa. Cada criatura é un aspecto ou unha manifestación de Deus, que é concibido como o actor divino que desempeña á vez os innumerables papeis de humanos, animais, plantas, estrelas e forzas da natureza.
O panteísmo é incompatible coa crenza nun Deus persoal, por iso é polo que para algúns sexa unha expresión do ateísmo.
Con todo tamén aporta un nexo de unión entre diferentes relixións, por exemplo hai pouca diferenza entre esta visión ou o que para os budistas "o un é o todo".


Velaquí a idea que me bombardea a cabeza cada día con mais forza,estou a matinar a maneira de expresar isto nunha serie de fotografías,bulen polas minhas neuronas imaxes que expresen a filosofía que case sen me decatar marca minha existencia dende neno.A relación coa natureza que vai mais lonxe da simple observación,
que se incrustan ma minha mirada con espírito propio,que son quen de me facer sentir sensacións únicas.
Eu non son a mesma persoa cando caminho por unha estrada de asfalto que cando os meus sentidos reciben o alimento da natureza mergulhado no espazo que ela domina.
Complicada tarefa a que tenho por diante,preciso soidade,esta minha relación esíxeme adicación plena,terei que aproveitar cada momento, cada segundo para me perder nestas cavilacións,doutro xeito non serei quen de avanzar.

2 comentários:

  1. comparto a túa visión e incluso escorándome a pensamentos orientais como o Taoísmo, que é outra forma de panteismo. Se me permites a suxerencia, pode serte de utilidade inspirarte nos "haikus" que, como bem sabes, son brevísimos poeminhas moi visuales que buscan a comprensión intuitiva da sacralidade que subxace aos fenómenos da natureza. Igual que a cámara, capturan un brevisimo instante (un pétalo, un insecto, unha nube...) e logo o contraponhen a outra idea pra xenerar un "choque" e á "iluminación" Coido que hai moitos paralelismos.

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas Juanjo,botarei un olho,ando na procura de información que me sirva para levar adiante este proxecto,eu tenho a idea na cabeza mais o que me complica e expresar esa idea de maneira que trasmita ese meu pensamento,mais non só debe trasmitir ten de vez que resultar atractivo visualmente,heche unha ecuación dificil de cadrar mais velaí a paixón por procurar a resolución.

    ResponderEliminar