


Estou a participar no concurso fotográfico sobre o casco vello;o conto vai sobre fotografías actuais referidas a esa zona de Vigo, está organizado pola asociación de comerciantes "Vigo Vello,centro comercial aberto",127 persoas presentamos fotografías, en total a cantidade de fotos presentadas ascende a 347 ,un bo numero.Tódalas fotografías atópanse expostas en locais da zona do casco vello, as miñas en concreto están na cafetería Dona Vaniri,rúa Porta do Sol,2. Presentei a este concurso 3 fotografías, unha do Berbés co cruceiro en primeiro termo e o fondo pódense intuír a través do desenfoque os soportais que se manteñen en pé coma negandose a se render ao abandono,espero que o consigan. Outra foto e dunha parte que non coñecía, a Praza de Pescadores,este concurso axudoume a descubrir un Vigo o que se lle deu as costas durante moito tempo,igual a espera de que nos esquecesemos que existía,mais as pedras aínda vellas teñen a forza necesaria para revivir. E por ultimo presento unha nocturna da praza da Constitución,foto clásica onde destacan os adorno do Nadal.Déixovolas aquí e invítovos a percorrer o casco vello tomar un café, unha cervexa e ollar as diferentes visións que cada un ten dun mesmo espazo.
Unhas fotos fermosísimas, seguirei os teus pasos día día, menuda sorpresa.
ResponderEliminarGosto das fotos!
ResponderEliminare esa foto túa da portada, potente, provocadora e desafiante. Novamente, noraboa polo blogue Lito, e moita sorte co concorso!!