sexta-feira, 28 de maio de 2010

Concurso Fotográfico







Estou a participar no concurso fotográfico sobre o casco vello;o conto vai sobre fotografías actuais referidas a esa zona de Vigo, está organizado pola asociación de comerciantes "Vigo Vello,centro comercial aberto",127 persoas presentamos fotografías, en total a cantidade de fotos presentadas ascende a 347 ,un bo numero.Tódalas fotografías atópanse expostas en locais da zona do casco vello, as miñas en concreto están na cafetería Dona Vaniri,rúa Porta do Sol,2. Presentei a este concurso 3 fotografías, unha do Berbés co cruceiro en primeiro termo e o fondo pódense intuír a través do desenfoque os soportais que se manteñen en pé coma negandose a se render ao abandono,espero que o consigan. Outra foto e dunha parte que non coñecía, a Praza de Pescadores,este concurso axudoume a descubrir un Vigo o que se lle deu as costas durante moito tempo,igual a espera de que nos esquecesemos que existía,mais as pedras aínda vellas teñen a forza necesaria para revivir. E por ultimo presento unha nocturna da praza da Constitución,foto clásica onde destacan os adorno do Nadal.Déixovolas aquí e invítovos a percorrer o casco vello tomar un café, unha cervexa e ollar as diferentes visións que cada un ten dun mesmo espazo.

2 comentários:

  1. Unhas fotos fermosísimas, seguirei os teus pasos día día, menuda sorpresa.

    ResponderEliminar
  2. Gosto das fotos!
    e esa foto túa da portada, potente, provocadora e desafiante. Novamente, noraboa polo blogue Lito, e moita sorte co concorso!!

    ResponderEliminar