quinta-feira, 12 de agosto de 2010

E hora de se mollar pola Lingua


Galiza está nun momento clave de autoafirmación ou de desaparición como pobo.E esta unha responsabilidade que nos corresponde a nós, as galegas e os galegos os que nos tocou vivir nesta terra e neste tempo.A lingua e un dos símbolo que mais nos representa coma pobo,calquera, sexa galego ou non, saberá que nós somos galegas e galegos tan so con nos oír falar na nosa lingua.E como todos sabemos un momento moi delicado para a nosa lingua polos ataques que ben recibindo de quen debería, aínda que só fora por obriga estatutaria, defendela.
Nós como sociedade podemos actuar diante deste panorama,podemos colaborar en moitas e variadas actividades de loita e apoio as organizacións que coma tal se teñen creado
para defendernos da violencia do poder contra a nosa lingua, contra o noso pobo.
Mais hoxe o que desexo considerar e a actitude que cada un de nós de forma individual pode adoptar nesta loita.
Pode parecer que o que un faga a xeito individual non ten maior importancia, mais non é así,se cada un levamos connosco a defensa da nosa lingua, se procuramos darlle vida a nosa lingua na nosa vida diaria estaremos inxectando valor o idioma,e non só para nós mesmos senón tamén para os que nos escoiten,velaí unha maneira ben sinxela de loitar pola lingua. Se cada un de nós e quen, de maneira natural, de atraer xente que por calquera razón non se sintan implicados na defensa do idioma a que vexan o significado da defensa da nosa dignidade,daquela calculade a inmensa capacidade que temos.
E sinxelo se un comprende o verdadeiro valor dunha cultura defendela diante de quen sexa porque esta defensa nunca significa a obriga nin a imposición(como falsamente din aqueles que nos queren desacreditar)senón todo o contrario a liberdade de sermos quen de continuar construíndo unha cultura e un idioma milenario que os nosos antecesores crearon en consonancia coa terra na que viviron.
Deixar morrer unha lingua e un crime contra a humanidade,coa morte da lingua vanse moitas mais cousas,vaise unha cultura única vaise unha maneira de expresar e de entender o mundo, o universo, vaise un pobo.
Ninguén o pode facer por nós, somos os únicos responsables de que a morte de Galiza se produza, mais tamén somos os únicos responsables de que Galiza poida avanzar a beira dos outros pobos ofrecéndolle a humanidade a nosa particular maneira de ser universais.
Decidámonos polo Galego, e de lei cos nosos antepasados e connosco, mais tamén cos nosos fillos e cos fillos dos nosos fillos,e de lei co futuro da Galiza.

1 comentário:

  1. Hai persoas que pensan, e intentan facerlle crer os demais, que o galego é unha lingua só importante para falala na casa, na "intimidade".
    Hai que loitar contra a imposición de esas maneiras de pensar, e contra a manuipulación que esa xente fai das nosas ideas.
    E moi lamentable falar con paisanos que che din: "Pois era ben mellor que enseñasen o inglés, o galego xa o falo na casa e a donde vou con él..." Eso, que é lamentable, tiveno que escoitar mais dunha vez.
    Moitas grazas por recordalo, e por poñer ese grao de area tan importante.
    Unha aperta.

    ResponderEliminar