
Quero darche a benvida Piteira a este espazo persoal onde vou deixando reflexións sobre os acontecementos que me parecen importantes na minha vida.
Este tempo ocúpao mais ca nada o debate político envorcado como estou na defensa da
identidade nacional galega,envorcado polos continuos ataques que ben recibindo por parte duns gobernantes vendidos o poder central,duns "señoritos de toda la vida"que desprezan canto lhes lembra que son galegos,o auto odio que leva a esta terra a perda da súa identidade,
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/
Procurarei ir engadindo tamén outras cousas das que me sinto orgulhoso,espalhar por
este espazo tan etéreo o que un pensa sinte e fai, ou fixo noutro tempo, resulta gratificante polo que ten de comunicativo e de compartir con outras persoas as que lhes tocou acompanharme no tempo que está canda min.
http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/arrancar-autoodio/idEdicion-2010-07-30/idNoticia-574410/
Engado coma agasalho de benvida unha imaxe ben galega,un deses horreos que nos seus diversos estilos nos acompañan nas nosas viaxes pola terra.
Unha aperta.
Moitas grazas por estas palabras de benvida que me dedicaches. Espero seguir os teus artigos a miúdo. É unha labor moi importante a que pretendes, pois o noso galego, a nosa terra, necesita de xente que a queira ben, xente coma ti, xente que se preocupe polo seu idioma, pola súa lingua, polo seu pobo.
ResponderEliminarMoitas grazas, amigo meu. Unha aperta.
Xosé.