sexta-feira, 1 de outubro de 2010

Atopareite no universo da minha memoria.




E hora de mergulharme no blogue,despois dun tempo afastado del por mor de circunstancias ben pouco desexables que me ocuparon, e aínda andan a me ocupar as palabras, as ideas e o meu tempo enteiro,mais tenho de por mans a obra e botarme pra diante.
Quero, porque o necesito, adicar esta entrada a persoa que me afastou do meu mundo para me ocupar das súas derradeiras miradas;das súas derradeiras palabras;........

Na memoria da minha irmán, que fica aquí, na minha memoria.



-Atopareite no universo da minha memoria,colhidos da man polas rúas da nosa infancia.
-Atopareite, naquela noitinha caminho de algures, mentres
a minha curiosidade de neno preguntaba o que ti,(nena tamén)non podías responder.

-Atopareite, cando agardaba que voltarás da escola,alí tras da cocinha,
esperando que lembraras traer aqueles gharabulhos de pan que tanto gostaba deles.

-Atopareite en calquera recuncho da miña memoria cando nos pertencía o tempo.

-Esquecerei que non estás,aínda que mo lembre a túa ausencia,
aínda que o silenzo non me deixe escoitar a túa voz, esquecerei que me faltas,
aínda que a luz non ilumine a túa presenza,esquecerei que te fuches.


-E cando te precise, buscareite nese tempo no que aínda ficas comigo,
nese tempo infinito que ningunha morte e quen de nos roubar,
buscareite no tempo que nos pertence, só a ti e a min,
cando colhidos da man percorriamos as rúas da nosa infancia.

4 comentários:

  1. Esquezer a persoa con quen compartimos a infancia é imposible, máis eu ei procurar roubarche un pouco de tempo pra facerche ese camiño mais levadeiro, falando ou en silenzo ei procurar que te sintas ben facendo da millor maneira que sei que é estando o teu lado, disfrutando o tempo que nos quede e queréndote como te quero. Ata sempre

    ResponderEliminar
  2. Sempre la trobaràs amb tú perquè has oblidat que no hi es.
    I no ho recordes perquè sí que és aquí, amb tú.

    Precioses paraules del cor.

    Molts petons amic meu.

    ResponderEliminar
  3. parabéns, Xosé Manuel: eses versos son marabilhosos! xa debo ir pola cuarta re-letura! Obrigado por compartilo, meu amigo! E por me transmitires tanto en tan pouco espazo!

    ResponderEliminar
  4. Obrigado a tod@s,precisaba deixar aquí neste meu espazo o testemunho dun sentimento golpeado pola realidade da propia vida,voltarei
    a empezar doutro xeito,o día 23 de Agosto marcoume un novo inicio, inicios que só marcan os días nos que non somos donos de nós,algo mais profundo remexe o noso mundo e fainos ver que a nosa propia vida tamén e a vida dos que temos arredor de nós,que pertencemos a ese espazo onde non estamos sós, unha chea de cousas e persoas forman parte do noso ser neste tempo onde habitamos.
    Apertas e bicos

    ResponderEliminar