quinta-feira, 7 de outubro de 2010

Correo o centro Galego no Perú

Chega a Galiza a nova de que dende o Centro Galego no Perú están en contra de que a lingua propia da Galiza,o galego,sexa excluída da súa utilización no senado do estado español,para o que envían dende dito centro correos invitando a participar nunha enquisa coa finalidade de "ayudar al español frente a los separatistas". Esta manipulación que fan vostedes dende un centro que leva o nome da Galiza, a mais de ser vergonhenta para calquera persoa que sinta orgulho de ser galego, e que o demostre respectando os nosos sinais de identidade, é unha falta a verdade e un canto a manipulación. Confunden e pretenden confundir vostedes identidade,cultura,lingua con política,a nosa lingua pertence a tódolos galegos e tódalas galegas independentemente das opción políticas que cada un tenha,vostedes son os que incorren intencionadamente nunha manipulación política e nun nacionalismo excluínte cando optan por adoutrinar a xente no seu auto-odio,vostedes practican o separatismo mais vulgar o tentar enterrar a nosa lingua e a nosa cultura debaixo dunha capa de desprestixio e complexos,como nos vellos tempos que algúns por feitos coma estes parecen querer negarse a superar. Se alguén e separatista por falar unha lingua que lhe deixaron en herdanza os seus devanceiros benvido sexa o separatismo,se alguén e separatista por respectar a cultura do seu pobo e non se avergonhar do que é,benvido sexa o separatismo,mais non, o separatismo está nas mentes retrogradas que foxen do que son por vergonha,que esquecen os seus devanceiros,xentes coma vostedes que pretenden ponher unha mascara para pasar polo que non son ,vostedes non son nin galegos nin outra cousa. Ninguén é mais traidor a si mesmo e os seus descendentes que o que renega do seu pasado.

2 comentários:

  1. quedo atónito coa nova. Só un matiz: "no Perú están EN CONTRA de que a lingua propia da Galiza,o galego,sexa excluída" acho que debería ser "A FAVOR". Parabéns polo artigo!

    ResponderEliminar
  2. Dende o centro "Gallego",asi se chama do Perú queixanse da utilización das linguas cooficiais do estado no senado,esto, parece ser levaos a facer unha enquisa para apoiar o espanhol frente aos separatismos,por incrible que poida parecer así ocurren cousas coma estas.Esta é a ligazón:
    http://www.facebook.com/home.php?#!/pages/Galicia/A-min-tamen-me-educaron-en-galego-e-non-sain-mal-de-todo/245794452722

    ResponderEliminar