quarta-feira, 13 de outubro de 2010

Galiza "Facha"?


Parece estar de moda por parte de certos políticos do estado cualifícarnos os galegos con adxectivos, polo xeral non moi amistosos,velaí algúns exemplos:
Rosa Díez:"Zapatero es muy "gallego" en el sentido peroyativo del termino" "de Rajoy dixo 'Es gallego'
Montilla: Chamalle "Gallegos" os deputados do PP no parlamento Catalán
Corbacho:"O presidente das Asociacións Galegas en Cataluña, Ernesto Lagarón acúsao de chamarnos os galegos fachas"
Estes cualificativos cando se fan tenhen un denominador común,utilízanse como defensa contra os rivais para marcar diferenzas diante da cidadanía,así que chegamos a conclusión que ser galego para as persoas que utilizan o noso xentilicio nacional neste sentido e ter unha eiva que é exclusiva dos galegos, mais non deles nin do que eles representan.
No dicionario da RAE aparecen a día de hoxe estas definicións de Gallego:
gallego, ga.
(Del lat. Gallaecus).
1. adj. Natural de Galicia. U. t. c. s.
2. adj. Perteneciente o relativo a esta comunidad autónoma de España.
3. adj. En Castilla, se dice del viento cauro o noroeste, que viene de la parte de Galicia.
4. adj. Ant., Arg., Col. y Ur. Dicho de una persona: Nacida en España o de ascendencia española.
5. adj. C. Rica. tonto (‖ falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
8. m. C. Rica y Nic. Especie de lagartija crestada que vive en las orillas de los ríos y nada con mucha rapidez.
9. m. C. Rica. libélula.
10. m. Cuba y P. Rico. Ave palmípeda de plumaje ceniciento, rabadilla, vientre y cola blancos, patas, pico y párpados rojizos.
11. m. Cuba. En un ingenio, dispositivo que aplana y nivela la caña antes de ser molida.

Fixémosnos no punto 5º e no punto 6º;noxento verdade?seica na próxima corrixírase eliminado o termino do punto 5º mais o do punto 6º non parece ser considerado pexorativo, polo que se manterá.
Historicamente son moitos os que utilizaron o termino "gallego" e tódalas súas derivacións, con este afán despectivo:Gongora,Lope de Vega,Mariano Jose de Larra,Unamuno etc.etc.
Observamos xa que logo que a cousa ven de velho,e seria moi interesante analizar o porque desta teima en desprestixiar a Galiza e os galegos e galegas.
Sobre isto aconselho que premades na ligazón que engado,atoparedes unha análise ben interesante de Pilar garcia Negro co seguinte titulo-Do racismo ao paternalismo, sen pasaren pola História-

http://www.uniondopovogalego.org/terraetempo/17-7.htm

Evidentemente a Galiza ten unha historia pouco semelhante os outro povos da península o que levou o invasor a tratar a esta terra e os seus habitantes coa máxima dureza na súa colonización,dureza que váleo de ensaio de cara a que mais tarde aplicarían, segundo nos di a autora do artigo anterior, coa colonización dos povos de America.Esta dureza chega os nosos días, demóstranolo tanto o feito de que
dende o estado espanhol se siga considerando o ser galego coma unha eiva, mais, tamén o demostra a actitude diante desta consideración que moitos galegos tenhen de si mesmos admitindo coma unha verdade incuestionable o que en realidade é unha actitude racista.
Nin Rosa Diaz, nin Montilla e tampouco Corbacho poderían manter tales afirmacións se non sufrisen a enfermidade da ignorancia acompanhada polos síntomas do complexo de superioridade que lhes aporta o non conhecer os galegos e as súas
circunstancias.Porque ignorante é quen ten un conhecemento imperfecto sobre nós e intenta vender esa falha de conhecemento coma verdade.
Cualificar a alguén coma "Gallego" pretendendo darlhe un valor de ambiguo, e ignorar que os galegos sabemos perfectamente cando subimos, cando baixamos ou cando decidimos quedar parados,mais a que non o sabe e ela,a que ignora e ela, porque non lhe interesa saber como somos,só precisa botar man de topicos para autoafirmar o seu egocentrismo .
Nomear os deputados dun grupo determinado co animo de descualificalos
chamándolles "Gallegos"demostra ben as claras que a ignorancia fai estragos en mentes que ficaron ancoradas en tempos pasados no canto de se actualizar cavilando que non todo o que se dixo e escríbeo responde a unha realidade incuestionable.
Chamarnos a tódolos galegos fachas, e, sin mais un síntoma de prepotencia e unha loa a ignorancia,porque ninguén dotado de unha intelixencia media calificaria a todo un povo dunha orientación política determinada, sen matices,menos aínda cando quen tal afirma o fai nun foro no que recibiu apupos por unha parte dos
asistentes,demostra entón a maiores da súa ignorancia unha baixa catadura moral por tal enfurrunhamento de patio de escola.
Nin tódolos galegos somos ambiguos nin tódolos galegos respondemos aos estereotipos que de nós se dixeron e fixeron e moito menos tódolos galegos somos fachas,esto podo confirmar.
Acreditamos que Galiza ten problemas,moitos deles herdados do castigo inflixido polos vencedores na loita pola nosa colonización,problemas que aínda a día de hoxe se manifestan en actitudes sociais e políticas na propia sociedade galega,mais estes problemas terán que se analizar dende unha óptica libre de prexuízos adquiridos, e non, dende logo por parte de personaxes que o único interese que tenhen cando utilizan estes prexuízos e o de agochar a súa falta de propostas.
Galiza nin é mais nin menos facha que o resto da península, tampouco o é mais ca o resto de Europa,o que nos diferenza doutros povos do estado espanhol e basicamente a falha de opcións galeguistas na orbita dun centro dereita que desvíen votos desta ultradereita que actualmente nos goberna a esas outras opcións,mais afirmo que o voto a esta ultradereita non o é por a ideoloxía senón pola necesidade que senten moitos galegos de protección,o paternalismo que nos contaminaron séculos de duro colonialismo,ou é que alguén se atrevería a cualificar os galegos de fachas se tiveramos resolto este problema como o tenhen Catalunya ou Euskadi con partidos nesa orbita de dereitas?a siguiente pregunta seria se partimos das mesmas circunstancias que estes dous povos,coido que non, e penso tamén que aí e donde nace un dos
graves problemas sin resolver que Galiza ten a día de hoxe.Outra pregunta que nos debemos facer é; son acaso menos conservadores estes povos que o noso?a súa representación política demóstranos que non é así,repito que moi probablemente a diferenza sexa a actitude que se tivo con cada povo nas loitas dese pasado que tanto
marcaron a nosa personalidade.
Poderiamos analizar o porque Galiza non racha con esta necesidade de protección paternalista,se o fixeramos cadraríannos moitos dos mitos outorgados a dedo a nosa terra,mitos que interesa manter por parte dun estado covarde, coa axuda dos traidores que foron e son, un estado que e sabedor que unha Galiza conhecedora da súa historia voltaria a ser un problema para manter unha unidade fiticia dunha nación inventada vai alá para cinco séculos.

3 comentários:

  1. Moi bo, esto fai reflexionar de os porqués do que somos e do que pensamos, boísimo.

    ResponderEliminar
  2. Excelente artigo, Goris.
    Mais é unha realidade que moitos galegos teñen un concepto pexorativo deles mesmos.
    Un coñecido meu chegoume a dicir: “Fai unhos días viaxei o estranxeiro e tiven problemas para facerme entender e para entende-las persoas cas que tiven que falar. Ves —dicíame cheo de razón— de qué me serviu alí o galego? Si me houbesen ensinado inglés!
    Sentín moito escoitar unha afirmación coma esa…

    ResponderEliminar
  3. Si Piteira douche a razón,un dos problemas e precisamente non nos decatar que o galego e a lingua mais importante que poseemos porque e a lingua coa que aprendemos a vivir,coa que conhecemos o mundo,para nada entra en conflito coas demais linguas,efectivamente hoxendia e moi interesante saber Ingles non cabe dubida,mais non e preciso para iso ignorar e menos culpar a nosa lingua nai.
    de tódolos xeitos ese conhecido teu preguntome eu se opinaria o mesmo se ese extranxeiro onde el viaxou fose o Brasil,igual alí comprenderia que esa lingua que parece estorbarlhe lhe valeria para se entender cos demais e que os demais o entendeses a el.
    Magoa cando un galego pensa así da súa lingua,porque dende logo un povo que non fala nin é un povo nin e nada.
    Unha aperta inmensa

    ResponderEliminar