sábado, 2 de outubro de 2010

Nacinalismo ou Independentismo?


As veces dou en teimar sobre dous termos que poden parecer o mesmo mais no fondo son ben diferentes:
Nacionalismo:
"O nacionalismo é unha doutrina ou filosofía política que propugna como valores fundamentais o benestar, a preservación dos trazos identitarios, a independencia e a supervivencia da nación propia.
O nacionalismo é un concepto de identidade experimentado colectivamente por membros dun goberno, unha nación, unha sociedade ou un territorio en particular. Os nacionalistas alicerzan o seu ideario na procura imprescindible da lexitimación política. Moitas ideoloxías nacionalistas derivan o seu desenvolvemento da teoría
romántica da identidade cultural, mentres que outras se basean no argumento liberal de que a lexitimidade política deriva do consenso da poboación dun territorio.
O nacionalismo é un termo malinterpretado interesadamente con frecuencia, xa que a súa definición máis xeral enfróntao polo regular cun estado poderoso e
homoxeneizador. O nacionalismo non implica que unha nación
sexa superior a outra, senon que sostén que certas nacións poderían atoparse en mellor situación se se lles permitir gobernarse de seu, acadando así a súa independencia política, económica ou cultural."
Deste xeito atopamos a definición de nacionalismo na Galipedia

Do independentismo dinos estrouto:
"Na política, o independentismo é a opción política que defende a liberación dun pobo ou nación mediante a creación dun estado propio que salvagarde a súa identidade, cultura, sociedade e intereses económicos.
A ONU recoñece o dereito a independizarse a partir do principio de autodeterminación. Segundo algunhas interpretacións da Carta de Nación Unidas, só os pobos internacionalmente considerados como colonizados poden acollerse a tal dereito, se ben que a propia carta recoñece o carácter universal dese dereito. Aínda así, no século XX numerosas nacións europeas lograron a independencia sen se atoparen nesta situación, como é o caso de Noruega, as repúblicas bálticas de Estonia, Letonia e Lituania ou Irlanda entre outras.
Na historia contemporánea, o independentismo amósase como a causa maioritaria de formación de estados novos, motivando que no século XX e xa no século XXI o número de estados soberanos non cesase de medrar."


Xa que logo vexo como diferenza mais notable o feito de que o independentismo non precisa propugnar valores que definan un territorio para consideralo unha nación,na propia definición vai implicito o reconhecemento de que o territorio onde se desenrola e xa unha nación.
Reconhecido que Galiza e unha nación o que os independentistas reclamamos e a liberación da mesma co dereito que temos a autodeterminación para que deste xeito a nosa cultura, lingua,a nosa propia identidade,a nosa economia etc.etc. poida desenrolarse en favor do noso povo.E todo isto sen precisar ningun paso intermedio.

1 comentário:

  1. Bem falado! O futuro da UE non será dos Estados: será dos povos ou nom será! Galiza ceive!

    ResponderEliminar