quarta-feira, 20 de outubro de 2010

Premios trampa

Precisamos unhas institucións con persoas que respecten a Galiza,non podemos aceptar que institucións coma as tres universidades ou a Real Academia Galega sexan submisas a personaxes da talha de Louzán apoiando a concesión por unanimidade? dun premio que leva o nome de Don Ramón Otero Predrayo a un insigne franquista,a un virachaquetas político que aproveitou cada momento da historia da nosa nación que lhe tocou vivir para agrandar o seu ego persoal.
Os representantes de estas institucións o validar co seu apoio a personaxes coma estes demostran que no canto de defender unha Galiza orgulhosa e esixente coa súa cultura e coa súa identidade están traizoando a propia terra na que tenhen as súas orixes, a que pertencen e a que se deben ditas institucións.
Que nos expliquen onde ven eles a contribución a cultura galega deste home,onde atopan a promoción dos valores propios da nosa terra neste personaxe,Ou acaso concordan co impulsor desta candidatura afirmando e dando por verdade o que é unha grandísima mentira, que os méritos do candidato son a promoción da lei de Normalización Lingüistica?se é así preguntámosnos se concordan tamén co inefable Louzán no desprezo que fai desta mesma lei e da cultura desta nosa nación.
Decisións coma estas que levan a fin os representantes destas institucións feden a corporativismo institucional,aproveitan o nome de personalidades insignes da nosa historia para avalar personaxes que tan só fose por hixiene democrática deberían ficar nas páxinas dunha das historias mais negra do noso pasado.Xa non o digo por os animadores de tal proposición,deles esperamos calquera cousa,digo por quen representa a cultura de Galiza no mais alto nivel,a baixeza na que caen e de tal
dimensión que nos obrigan a pensar que só se representan a eles mesmos, polo que deberían abandonar os cargos que ocupan en ditas institucións.

1 comentário:

  1. coa connivencia dos Organismos que representan á nosa Cultura. A aldraxe é dobre. Estamos SÓS.

    ResponderEliminar