segunda-feira, 22 de novembro de 2010

A crise coma arma politica

Onte a pesares da choiva xuntámosnos en Compostela unha boa cantidade de persoas para reclamar o noso dereito a unha sanidade publica,universal e gratuíta (pagada cos nosos impostos)para tódolos galegos e galegas.
Faise necesario reclamar este dereito diante do novo rumbo que o actual goberno da Xunta está a tomar con respecto a política sanitaria,medidas que entre outras cousas levan a adxudicar a construción dos novos hospitais de Vigo e Pontevedra con financiamento privado, unha hipoteca para o futuro de Galiza e con total seguridade unha perda de calidade e un encarecemento nos servizos que pasaran a ser controlados por empresas privadas.
Aproveitase o momento para facer semelhante atraco o pobo coa escusa dunha crise que tanto vale para un roto coma para un descosido;esta mala situación económica ben sendo utilizada dende diferentes gobernos para nos roubar dereitos,coma é o caso do que estamos a falar,mais tamén pode ser a escusa para ponher na rúa a milleiros de trabalhadores e trabalhadoras, do mesmo xeito que se ben utilizando para subvencionar os verdadeiros culpables de esta situación, eses que especularon
coa riqueza que non existía para encher os petos nas maduras e agora que tocan as duras mamar do estado para non perder o ritmo de ganhanzas as que estaban acostumados.
Non nos enganemos,a política neoliberal que nos queren facer tragar a forza non é a salvación da sociedade nun tempo de vacas fracas,e tan só o medio que os poderes de sempre atopan para continuar cos seus negocios a conta dos cidadáns,así que eu decididamente sitúome na outra beira destes defraudadores profesionais que se queren facer pasar por políticos.Onte manifestamos o noso desacordo nun terreo tan importante como o sanitario,manha por calquera outro dereito que estes defraudadores ponhan na corda frouxa,terannos de frente.
video

2 comentários:

  1. Grazas Goris, está ben ter imaxes para as e os que non tivemos a oportunidade de estar alí, facendo país

    ResponderEliminar
  2. Grazas Raquel,a pesares da choiva a manifestación estivo bastante concorrida,coma sempre non valerá para moito mais se lhe deixamos facer e non lhe ponhemos contra estes arrasan ata co ceo que cubre Galiza,non lhes chega nada.

    ResponderEliminar