quarta-feira, 3 de novembro de 2010

Correo de protesta a Telecinco

Como asinantes do "Manifiesto por la lengua común" deixan vostedes de ser un medio de
comunicación imparcial con tódolos territorios do estado.
Lémbrolles que dentro do estado español ademais da lingua Castelán existen tres linguas mais:Catalán,Éuscaro e Galego que tamén son oficiais nos seus territorios, onde ademais son linguas propias,son xa que logo linguas comúns para os habitantes destes territorios.
O que este manifesto pretende e nin mais nin menos que situar nun plano de inferioridade estas outras linguas o atribuírlle o Castelán un maior status como "lingua de comunicación dun ámbito superior".Deberían de saber e valorar en positivo que tódalas linguas, independentemente da cantidade de falantes que as utilicen son por definición igual de importantes, pois a realidade e que tódalas linguas son a mais grande expresión dos pobos que as crearon,vostedes no canto de
defender o valor cultural que significa ter varias linguas nun territorio apoiando os idiomas en inferioridade de condicións, por exemplo utilizando a toponimia orixinal na súa programación entre outras moitas cousas que como medio de cominación de todo o estado tamén nestes territorios,poderían facer,decántanse por asinar dito manifesto que ten como base limitar a capacidade desas linguas a se rexenerar despois de ter sufrido o longo dos séculos a persecución e a discriminación contra os seus falantes.
Polo tanto vista esta actitude por parte da súa empresa, e como medida de protesta deixarei de sintonizar a súa canle ate que a actitude contra o noso idioma, neste caso o Galego,sexa de respecto.

2 comentários:

  1. bon manifesto, aínda que acho que foches un chisco "brando" de máis hahah. Bon, vou enviar. Esta podería ser a nossa primeira "acción" do Observatorio, por certo!

    ResponderEliminar
  2. Ben tratase de facer pedagoxia con quen non sabe ou no quere saber.

    ResponderEliminar