sábado, 15 de janeiro de 2011

27-X Folga Xeral


O vindeiro 27 de Xaneiro a CIG convoca xornada de folga xeral,convocatoria provocada pola politica neoliberal que un goberno que se apoia nunhas siglas que incorporan as palabras "Socialista e Obreiro"está a levar a cabo.
Politicas lesivas para os intereses das trabalhadoras e trabalhadores tanto no eido laboral coma no ambito social,politicas que van directamente encaminhadas a precarización das pensións e a súa privatización nun futuro.
Diante desta tesitura os sindicatos estatais sentan nunha mesa de dialogo cos empresarios e o proprio goberno,dialogo que ben marcado polas diretrices gubernamentais,sexa cal sexa o acordo e irrenunciable o aplazamento das pensións de 65 a 67 anos,xa que logo que temos que ganhar as e os trabalhadores?.
Vivimos tempos de ataques directos os dereitos alcanzados pola clase trabalhadora,ataques comandados polo capital avido de continuar enchendo os seus petos ainda a costa de nos furtar eses dereitos conquistados con dor e sangue.
Na Galiza a clase trabalhadora non depende de sindicatos mornos,a CIG,CUT representan na nosa nación unha outra maneira de enfrotarse contra a manipulación dos poderes instalados,e por iso non agardan por ninguen nin se someten a negociacións pantasmas que non pretenden mais que xustificar a inxustiza.
Non faltaremos a cita o 27,outravolta encheremos rúas de exixencias e de razóns,nin nos enganan nin nos deixamos enganar.

Vou completar esta entrada con unha música que lhe resulta ben acaida a estes momentos que vivimos,ainda que é un tema de aló polo ano 78 segue sendo tan actual coma daquela:

Sem comentários:

Enviar um comentário