quinta-feira, 20 de janeiro de 2011

Reconquista 2011


Hoxe foi a presentación da festa da reconquista do 2011,presentouse o cartaz ganhador que este ano tiven a honra de ser o autor xunto presentaronse tamán os dous accesit.A parte do premio que recibin do Tenente de Alcalde Santi Dominguez,faime moita ilusión que unha obra minha decore as rúas desta cidade na que me sinto tan contento,levaráno a Fitur a feira de turismo polo que o meu orgulho medra acotio.

Explicovos un pouco a idea do cartaz:
O Vigo de fai 200 anos representado na porta da Gamboa,o Vigo actual dentro da silueta da Liberdade por medio de diferentes simbolos:
-O Traballo,representado pola escultura o traballo
-A Cultura e o saber,representado por medio dos edificios da universidade de Vigo.
-A Emigracion,representada pola escultura da praza de America
-A Cidade que se ve representada pola escultura do Bicentenario
-E a Lingua e a identidade que ven representada pola cantiga de Martín Codax a que tamén fai referencia o mar de Vigo.
-A loita, que se representa por medio da silueta da Liberdade nunha man o fusil e na outra a bandeira da cidade e os loitadores que enarbolan a bandeira galega.
-A liberdade e a que acubilla no seu interior toda a prosperidade desta cidade.
Ninguen nos regala nada,todo o que conseguimos, parte da nosa loita,como daquela,cando os vigueses e viguesas loitaron polo que considerarón xusto, hoxe todos nós temos outros retos polos que loitar e outras parcelas que reconquistar,contraponho xa que logo a sociedade daquela epoca loitadora contra a destes dias adorminhada e narcotizada diante dos expolios que se están levando a cabo.

1 comentário: