quinta-feira, 20 de janeiro de 2011

O Galego no Senado

O pasado 18 de Xaneiro de 2011 tivo lugar no senado un feito que poderiamos considerar historico,por vez primeira utilizaronse as catro linguas oficiais do estado nunha sesion de esta
camara.
O Catalan o Euskaro e o Galego ademais do Castelan, que vinha sendo ate o de agora
a unica lingua con capacidade de ser utlizada en tódolos ambitos estatais,serviron para defender os intereses dos seus correspondentes territoros.
Mais esta nova realidade atopou enfronte a resistencia dos partidos mais centralistas co PP a cabeza das protestas;Os ecos que chegan dende estas posicions abertamente hostis o uso das linguas oficiais que non sexan o Castelan retumban nas cabezas dos cidadans en forma de despilfarro, de decisions absurdas e de que as linguas estan para se entender e non para crear problemas(Rajoy dixit).
Neste día que por primeira vez usou a nosa lingua foi unha senadora vasca,Miren Leanizbarrutia do PNV,e foi ela porque a senadora do PP por Galiza María Jesús Sáinz negouse a epregar a lingua propria da nosa terra,seica que ama a nosa lingua seica que ama a súa terra e seica está orgulhosa de ser galega e tamen da nosa lingua,mais todo esto non lhe abondou para ser a primeira persoa que tivese a honra de facer visibel a lingua galega nun acto tan especial,que amor tan extranho o que
se oculta, será logo un amor acomplexado? orgulho mais, oh!! casualidade, a seguinte senadora tamen do PP María Dolores Pan padece do mesmo amor e orgulho pola sua terra,ela tamen ama desta maneira tan singular a Galiza e a súa lingua,ten que ser
duro ocultar tanto amor,compadezoas.
Tivo que esperar xa que logo a nosa lingua a que alguen que ama e sinte orgulho pola súa terra pola sua cultura e o seu idioma e de vez estivese inmunizado contra este virus galaico de tanto amor invisibel para darlle a oportunidade a lingua de se mostrar sen tapuxos é, agora si, con orgulho diante de todos os alí presentes.
Como dicia mais arriba o demagoxico recurso o malgasto non deixa de ser chamativo cando sempre ten o mesmo fin,actuar contra os intereses das culturas e dos povos que non sexan o Castelán.Calquera sen parar a pensar moito poderia indicarlhe a estes aforradores compulsivos moitas outras actuacións onde é posibel aforrar unha manchea de euros,desfiles militares de orgulho patrio,estes sí ben visibel,celebracións de vitorias deportivas onde o que menos importa e o custo as arcas publicas e o que mais importa e demostrar outravolta o orgulho de pertenza a unha determinada
nacion,etc etc.mais, cando do que se trata e de promocionar e darlhe prestixio as nosas linguas, ocultas e desprestixiadas durante tanto tempo para a sociedade,esa sociedade a que se obrigou por mor deste ocultamento e desprestixio a ver as suas linguas coma meros idiomas folcloricos sen mais valor co de comunicarse na casa e no ambito mais proximo mais invalidas para todo aquelo que estivese nun nivel superior social,politica e economicamente,e enton cando doen os cartos cando se despilfarra cando se lhe po valor economico as cousas.Preguntome canto é o valor da cultura,preguntome tamén se tódalas culturas tenhen o mesmo valor,e respondome a min mesmo que si,todas tenehn o mesmo valor polo que todas e non unha soa tenhen os mesmos dereitos custe o que custe,porque o valor dos gastos non se mide so e cantidade tamen se mide en rendabilidade e sen dubida a recuperacion do prestixio das nosas identidades e rendible non só para nós senon tamén para a humanidade.

Sem comentários:

Enviar um comentário